Guia docente 2015_16
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Botánica II: Arquegoniadas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral desenvolveranse probas escritas (non presenciais) durante o curso (máximo de 4 = 16%) e probas presenciais no fin do ano (25%). Valorase a asistencia e participación nas aulas (4%). 45 A1
A3
B2
B3
B5
B10
C2
C13
C22
C32
C33
D1
Prácticas de laboratorio valórase a asistencia e participación (5%) e realízase unha proba práctica sobre identificación dun especímen (10%) e recoñecemento de "visu" de 5 especímenes máis (20%). 35 A2
B2
B3
B5
B10
C1
C9
C10
C15
C24
C25
C31
D2
D14
D16
D17
Saídas de estudo/prácticas de campo presentarase un herbario con 10 pregos representativos dos grupos estudados, a aistencia e participación valorase xunto coas prácticas de laboratorio e as titorías en grupo. 10 A2
B2
B4
B5
B12
C9
C10
C11
C12
C15
D2
D6
D13
D14
D17
Traballos tutelados valórase o traballo bibliográfico (formato artigo de divulgación) presentado segundo normas indicadas na plataforma TEMA. 10 A4
B2
B3
B7
B10
B11
C19
C28
D1
D3
D6
D10
D14
D16
Titoría en grupo a asistencia e participación será valorada conxuntamente coas prácticas de laboratorio e saídas ao campo e non de forma diferenciada 0 A2
B2
B3
B5
B10
C10
C24
C25
C31
D14
D16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. AVALIACIÓN ALUMNOS PROGRAMA MAIORES do CICLO DE INTEGRACIÓN: Asistencia e participación nas clases teóricas e seminarios (mínimo 80%) corresponde ao 50%, ao que se engadiría outro 10% se alcanza o 100%. Asistencia e participación no laboratorio e saída ao campo, así como a elaboración dun herbario, (20%) e á realización dun traballo bibliográfico gupal con alumnos do Grao corresponderá outro 20%.

2. Para o resto dos alumnos, a avaliación é continuada ao longo do curso e valórase a asistencia e participación nas actividades. Por conseguinte, só figura como Non Presentado en Acta aquel alumno que nunca asistiu ás clases teóricas, aos seminarios e ás prácticas, nen se presentou a ninguna das probas.

3. A asistencia a teoría, prácticas e seminarios só será avaliada positivamente aos alumnos que asistan polo menos ao 90% das mesmas. As situacións particulares que impidan ou dificulten a realización e/ou asistencia a calquera das actividades, por exemplo, un contrato de traballo, enfermidade, etc. deben ser comunicadas á profesora nos 15 días inmediatos á aparición do problema, co fin de intentar buscar unha solución, previa presentación do xustificante (orixinal) da causa do problema.

4. Cualificación da parte teórica: o 25% asígnase á proba integradora (15% memorística, preguntas curtas relacionadas con conceptos básicos e 10%, con axuda de bibliografía, á resolución dun caso real), o 16% corresponde aos cuestionarios non presenciais e o 4% á asistencia e participación nas clases. Ao traballo bibliográfico correspóndelle un máximo do 10%, e debe seguir obrigatoriamente as normas publicadas na plataforma TEMA.

5.Cualificación da parte práctica: ás probas prácticas a realizar no laboratorio correspóndelles: o 10% á descripción dun especime, incluíndo a elaboración do diagrama e fórmula floral, e o 20% restante, á identificación de "visu" de 5 especies da lista publicada na plataforma TEMA. E nas prácticas de campo, o 14% distribúese en 4% para a asistencia e participación en todas as prácticas (laboratorio e campo, 100%) e nos seminarios, e o 10% restante corresponde ao herbario de 10 pregos con especímenes e etiquetas completos.

6. Para poder superar a materia en primeira opción é necesario obter na parte teórica

(probas teóricas + cuestionarios + traballo) e práctica (probas de laboratorio + herbario), por separado, o 50% do seu valor. No caso de non ser así o sumatorio da nota final multiplícase por 0,5.

7.Dentro do mesmo ano académico consérvase a parte aprobada ata xullo. No caso de suspender, a matriculación en cursos posteriores implica repetir a totalidade das probas escritas e presentar novamente o herbario e o traballo bibliográfico.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000