Guia docente 2014_15
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Botánica II: Arquegoniadas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral desenvolveranse probas escritas (non presenciais) durante o curso (aproximadamente cada 2 semanas). Estas probas parciais non eliminan materia. Valórase a asistencia e participación nas clases. 16
Prácticas de laboratorio valórase a asistencia e participación. 4
Saídas de estudo/prácticas de campo presentarase un herbario con 10 pregos representativos dos grupos estudados. 10
Traballos tutelados valórase o traballo bibliográfico (formato artigo de divulgación) presentado segundo normas indicadas na plataforma TEMA. 10
Titoría en grupo valórase a asistencia e participación xunto coas das prácticas de laboratorio e saídas ao campo 5
Probas de resposta curta proba con 15 preguntas sobre conceptos botánicos básicos. 15
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. realizarase unha proba no laboratorio con material fresco e coa axuda de microscopio estereoscópico, que comprende a identificación de "visu" de 5 especímenes e a descripción completa e identificación dun exemplar, diferente aos anteriores. 30
Probas de resposta longa, de desenvolvemento proba na que se presenta un caso hipotético que debe ser analizado e realizar sobre el, coa axuda de bibliografía, un breve informe xustificado respondendo ás perguntas que se fan. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. AVALIACIÓN ALUMNOS PROGRAMA MAIORES: asistencia e participación nas clases teóricas e seminarios (50%), prácticas de laboratorio e saída ao campo (20%), elaboración de herbario (10%) e presentación do traballo bibliográfico (20%). Todas as actividades son voluntarias, excepto a asistencia e participación nas clases teóricas e seminarios (ata 80%).

2. Para o resto dos alumnos, a avaliación é continuada ao longo do curso e valórase a asistencia e participación nas actividades. Por conseguinte, só figura como Non Presentado en Acta aquel alumno que nunca asistiu ás clases teóricas, aos seminarios e ás prácticas, nen se presentou a ninguna das probas.

3. A asistencia a teoría, prácticas e seminarios non é obrigatoria para poder presentarse ás probas teóricas e/ou prácticas no fin do ano académico, só serán avaliadas positivamente aos alumnos que asistan polo menos ao 80% das mesmas. As situacións particulares que impidan ou dificulten a realización e/ou asistencia a calquera das actividades, por exemplo, un contrato de traballo, enfermidade, etc. deben ser comunicadas á profesora nos 15 días inmediatos á aparición do problema, co fin de intentar buscar unha solución, previa presentación do xustificante (orixinal) da causa do problema.

4. Cualificación da parte teórica: o 25% asígnase á proba integradora (15% memorística, preguntas cortas relacionadas con conceptos básicos  e 10% con axuda de bibliografía á resolución dun caso real), o 16%, aos 4 cuestionarios propostos en TEMA, realizados fora da aula e o 5% á asistencia e participación nas aulas e nos seminarios. Ao traballo bibliográfico correspóndelle un máximo do 10%, e debe seguir obrigatoriamente as normas publicadas na plataforma TEMA.

5. Cualificación da parte práctica: ás probas prácticas a realizar no laboratorio correspóndelles o 10% á descripción dun especime, incluíndo a elaboración do diagrama e fórmula floral, e o 20% restante, á identificación de "visu" de 5 especies da lista publicada na plataforma TEMA. E nas prácticas de campo, o 14% distribúese en 4% á asistencia e participación en todas (100%) as prácticas (laboratorio e campo). E o 10% restante corresponde ao herbario de 10 pregos con especímenes e etiquetas completos.

6. Para poder superar a materia en primeira opción é necesario ter aprobado, por separado, teoría (probas teóricas + cuestionarios + traballo deben superar o 25%) e prácticas (probas de laboratorio + herbario deben superar o 20%). No caso de non ser así o sumatorio da nota final multiplícase por 0,5.

7.Dentro do mesmo ano académico consérvase a parte aprobada ata xullo. No caso de suspender, a matriculación en cursos posteriores implica repetir a totalidade das probas escritas e presentar novamente o herbario e o traballo bibliográfico, ainda que se pode obviar (previa comunicación á profesora no inicio do curso) conservando a nota do ano anterior. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000