Guia docente 2013_14
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Botánica II: Arquegoniadas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral desenvolveranse probas escritas (non presenciais) durante o curso (aproximadamente cada 2 semanas). Estas probas parciais non eliminan materia. Valórase a asistencia e participación nas clases. 20
Prácticas de laboratorio valórase a asistencia e participación, xunto coa elaboración dun caderno de campo/laboratorio. 5
Saídas de estudo/prácticas de campo valórase a asistencia e participación, xunto coas prácticas de laboratorio. Presentarase un herbario con 10 pregos representativos dos grupos estudados. 10
Traballos tutelados valórase o traballo bibliográfico (formato artigo de divulgación) presentado segundo o formato e normas indicadas na plataforma TEMA. 10
Titoría en grupo valórase a asistencia e participación xunto coa clase maxistral.
0
Probas de resposta curta proba con 15 perguntas sobre conceptos botánicos básicos. 15
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. realizarase unha proba no laboratorio con material fresco e coa axuda de microscopio esteroscópico, que comprende a identificación de "visu" de 5 espécimenes e a descripción completa e identificación dun exemplar, diferente aos anteriores. 30
Probas de resposta longa, de desenvolvemento proba na que se presenta un caso hipotético que debe ser analizado e realizar sobre el, coa axuda de bibliografía, un breve informe xustificado respondendo ás perguntas que se fan. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. A avaliación é continuada ao longo do curso e valórase a asistencia e participación nas actividades. Por conseguinte, só figura como Non Presentado en Acta aquel alumno que nunca asistiu ás clases teóricas, aos seminarios e ás prácticas.

2. A asistencia a teoría, prácticas e seminarios é obrigatoria para poder presentarse ás probas teóricas e/ou prácticas no fin do ano académico. As situacións particulares que impidan ou dificulten a asistencia a estas actividades, por exemplo, un contrato de traballo, enfermidade, etc. deben ser comunicadas á profesora nos 15 días inmediatos á aparición do problema, co fin de intentar buscar unha solución. 

3. Da valoración correspondente ás clases teóricas, o 25% asígnase á proba integradora (15% preguntas cortas relacionadas con conceptos básicos  e 10% á  resolución dun caso real), o 15%, aos cuestionarios propostos en TEMA, realizados fora da aula e o 5% á asistencia e participación nas aulas e nos seminarios.

4. O traballo bibliográfico debe seguir obrigatoriamente as normas publicadas na plataforma TEMA e correspóndelle un máximo do 10%. .

5. Da cualificación asignada ás prácticas de laboratorio, o 10% corresponde á descripción dun espécime no laboratorio, incluíndo a elaboración do diagrama e fórmula florais, e o 20% restante, á identificación de "visu" de 5 especies correspondentes á lista publicada na plataforma TEMA.

6. Na cualificación das prácticas de campo, o 15% distribúese en 5% á asistencia e participación en todas as prácticas (laboratorio e campo). E o 10% restante corresponde ao herbario.

7. Para poder superar a materia en primeira opción é necesario ter aprobado, por separado, a "teoría" (probas teóricas + traballo deben superar o 25%) e "prácticas" (proba de laboratorio + herbario deben superar o 20%). No caso de non ser así o sumatorio da nota final multiplícase por 0,5.

Dentro do mesmo ano académico consérvase a parte aprobada. No caso de suspender, a matriculación en cursos posteriores implica repetir a totalidade das probas escritas e presentar novamente o herbario, ainda que se pode obviar (previa comunicación á profesora no inicio do curso) a realización do traballo bibliográfico (nota do ano anterior) e a asistencia a teoría, prácticas e seminarios para presentarse ás probas.

Tribunal Extraordinario para 5ª, 6ª e 7ª convocatorias:

Presidente: Mª Luisa Castro Cerceda; Suplente: José María Sánchez Fernández

Secretario: Castor Muñoz Sobrino; Suplente: Luis Navarro Etcheverria

Vocal: Aida García Molares; Suplente: Luís González Rodríguez

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000