Guia docente 2011_12
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Botánica II: Arquegoniadas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral desenvolveranse probas escritas parciais, con preguntas cortas, durante o curso (cada 1 ou 2 semanas) e unha proba integradora no fin. As probas parciais non eliminan materia. Valórase a asistencia e participación nas clases. 60
Prácticas de laboratorio realizarase unha proba no laboratorio con material fresco e coa axuda de microscopio esteroscópico: será necesaria a identificación de "visu" de catro espécimenes e a descripción completa e identificación dun exemplar diferente aos anteriores. 30
Saídas de estudo/prácticas de campo valórase a asistencia, resolvendo cuestións plantexadas entre o alumno e o profesor, así como a realización dun caderno de campo, que será presentado, a requiremento do profesor, durante as prácticas. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. A avaliación é continuada ao longo do curso e valórase a asistencia e participación nas actividades. Por conseguinte, só figura como Non Presentado en Actas aquel alumno que nunca asistiu ás clases teóricas, aos seminarios e ás prácticas.


2. Da valoración correspondente ao 60% nas sesións maxistrais, o 35% asígnase á proba integradora, o 20%, aos cuestionarios propostos en TEMA, realizados fora da aula e o 5% á asistencia e participación nas aulas. A proba integradora e os cuestionarios poderán resolverse coa axuda de libros e apuntes. Na proba integradora non poderá ser utilizada internet, mentres que nos cuestionarios, si.


3. Do 30% asignado ás prácticas de laboratorio, o 14% corresponde á descripción dun espécime no laboratorio e a elaboración do diagrama e fórmula florais e o 16% restante, á identificación de visu de 4 especies correspondentes ao listado publicitado na plataforma TEMA.


4. No apartado prácticas de campo, o 10% corresponde á asistencia aos seminarios grupos C, realizando os exercicios propostos na plataforma TEMA, e na saída ao arboreto, expoñendo dúbidas e problemas e respodendo cando o profesor pregunta.


5. Para poder superar a materia en xuño é necesario ter aprobado, por separado, a teoría (sesión maxistral, superar o 30%) e práctica (laboratorio e campo, superar o 20%). No caso de non ser así o sumatorio da nota final multiplícase por 0,5.


6. A asistencia ás prácticas e aos seminarios é obrigatoria para poder presentarse ás probas teóricas e/ou prácticas en xuño ou xullo. As situacións particulares que impidan ou dificulten a asistencia ás actividades, por exemplo ter un contrato de traballo, enfermidade, etc. deben ser comunicadas á profesora nos 15 días inmediatos á aparición do problema, co fin de intentar buscar unha solución. Para as convocatorias seguintes consérvase a parte aprobada e os seminarios e prácticas realizadas.


Tribunal Extraordinario para 5ª, 6ª e 7ª convocatorias:


Presidente: Mª Luisa Castro Cerceda; Suplente: José María Sánchez Fernández


Secretario: Castor Muñoz Sobrino; Suplente: Luis Navarro Etcheverria


Vocal: Aida García Molares; Suplente: Luís González Rodríguez

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000