Guia docente 2010_11
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Botánica II: Arquegoniadas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral faranse probas escritas parciais, con preguntas cortas durante o curso e uma proba integradora no fin 60
Prácticas de laboratorio farase unha proba no laboratorio con material fresco e axuda de microscopio e claves de identificación 20
Saídas de estudo/prácticas de campo farase unha proba de "visu" no laboratorio con material fresco 10
Outras valorase a asistencia e participación nas clases teóricas e prácticas, resolvendo cuestións plantexadas polo alumno e polo profesor 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A asistencia e participación nas clases teóricas supón 5% da nota, ao igoal ocorre nas clases prácticas (incluíndo a saída ao campo), o que da como resultado 10 % (outras).


As probas parciais de teoría supoñen o 20% da nota final, o 40% restante corresponde á proba integradora.


Para poder aprobar a materia é necesario ter aprobada por separado a teoría (superar 30%) e as prácticas, laboratorio e campo (15%). No caso de non ser así a nota final multiplicase por 0,5.


Para as 2 convocatorias extraordinarias seguintes (xullo e febreiro) consérvase a parte aprobada. Curso novo implica facer novamente toda a materia.


Tribunal Extraordinario para 5ª, 6ª e 7ª convocatorias:


Presidente: Mª Luisa Castro Cerceda; Suplente: José María Sánchez Fernández


Secretario: Castor Muñoz Sobrino; Suplente: Luis Navarro Etcheverria


Vocal: Aida García Molares; Suplente: Luís González Rodríguez

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000