Guia docente 2018_19
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Botánica II: Arquegoniadas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral O programa teórico da materia se desenvolverá durante as sesións maxistrais. Os materiais didácticos utilizados nas exposicións estarán a disposición dos estudantes de xeito anticipado.
Prácticas de laboratorio Procederase á observación dos caracteres taxonómicos de exemplares dos diferentes grupos de plantas utilizando a lupa binocular e o microscopio composto. Utilizaranse claves de identificación.
Saídas de estudo Visitarase o arboreto do Centro de Investigación Forestal Ambiental de Lourizán, onde se explicarán as especies máis representativas.
Outros Os alumnos, individualmente, deberán confeccionar e presentar un herbario, cun número mínimo de 15 pregos. Trátase dunha actividade de carácter obrigatorio.
Seminario Durante os seminarios tratarase de xeito monográfico algúns aspectos relacionados coa materia:
- Palinoloxía aplicada
- Paleobotánica do noroeste peninsular
- Bases para o estudo da vexetación
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000