Guia docente 2016_17
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Botánica II: Arquegoniadas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral O programa teórico da materia se desenvolverá durante as sesións maxistrais. Os materiais didácticos utilizados nas exposicións estarán a disposición dos estudantes de xeito anticipado.
Prácticas de laboratorio Procederase á observación dos caracteres taxonómicos de exemplares dos diferentes grupos de plantas utilizando a lupa binocular e o microscopio composto. Utilizaranse claves de identificación.
Saídas de estudo/prácticas de campo Visitarase o arboreto do Centro de Investigación Forestal Ambiental de Lourizán, onde se explicarán as especies máis representativas.
Seminarios Durante os seminarios tratarase de xeito monográfico algúns aspectos relacionados coa teoría da materia:
- Palinoloxía aplicada
- Paleobotánica do noroeste peninsular
- Bases para o estudo da vexetación
Outros Os alumnos, individualmente, deberán confeccionar e presentar un herbario, cun número mínimo de 10 pregos. Trátase dunha actividade de carácter obrigatorio.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000