Guia docente 2016_17
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Bioquímica II
   Contidos
Tema Subtema
PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS

1. Biosinalización.
Sistemas de sinalización. Receptores intracelulares. Receptores de membrana. Receptores que se unen a tirosina quinasa. Receptores con actividade encimática intrínseca. Receptores axustados a proteínas G. Rutas de sinalización.
2. Regulación metabólica. Niveis de regulación metabólica. Control da actividade de encimas metabólicas. Regulación hormonal do metabolismo. Principais hormonas implicadas na regulación metabolismo.
3.Regulación do metabolismo do glucóxeno. Regulación da degradación e síntese do glucóxeno: glucóxeno fosforilasa e glucóxeno sintasa. Regulación hormonal do metabolismo do glucóxeno en músculo e en fígado.
4. Regulación do metabolismo da glicosa. Incorporación de glúcidos da dieta ao metabolismo glucídico. Captación de glicosa polos tecidos. Regulación da glicólisis. Regulación da gluconeogénesis. Regulación da ruta das pentosas fosfato. Destinos da glicosa segundo o tipo celular.
5. Regulación do metabolismo lipídico. Incorporación de lípidos da dieta ao metabolismo lipídico. Mobilización de lípidos: lipoproteínas. Regulación de a síntese e degradación do colesterol. Regulación da síntese e degradación de triacilgliceroles e dos ácidos grasos.
6. Regulación das rutas centrais do metabolismo. Regulación do complexo encimático piruvato deshidroxenasa. Regulación da cadea respiratoria e da fosforilación oxidativa.
7. Integración e especialización do metabolismo. Interrelaciones metabólicas en diversos estados nutricionais. Especialización metabólica dos órganos. Bioquímica do exercicio muscular.
8. Metabolismo de Proteínas. Destinos das proteínas. Degradación de proteínas. Ubiquitina e proteasoma. Metabolismo do ión amonio.
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS

Práctica 0
-Obtención e illamento de fraccións subcelulares.
Práctica 1
-Determinación da actividade da encima piruvato quinasa.
Práctica 2
-Determinación da actividade da encima succinato deshidroxenasa.
Práctica 3
-Cinética dunha encima metabólica.
Práctica 4
-Cadea respiratoria e fosforilación oxidativa. Experimentos teóricos.
Práctica 5
-Determinación da actividade da encima fosfatasa alcalina.
Práctica 6
-Illamento de glucóxeno.
Práctica 7 -Determinación da concentración de glicosa de glucóxeno.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000