Guia docente 2015_16
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Zooloxía I: Invertebrados non artrópodos
   Recomendacións

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Citoloxía e histoloxía animal e vexetal I/V02G030V01303

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Bioloxía: Evolución/V02G030V01101
Bioloxía: Técnicas básicas de campo e teledetección/V02G030V01202
 
Outros comentarios
Para un mellor desenvolvemento da materia recoméndase: LER atentamente a guía docente (metodoloxía e avaliación), así como a información presentada na plataforma tema. É aconsellable IMPRIMIR o material didáctico publicado na plataforma tema, que facilitará a comprensión das explicacións permitindo rendibilizar mellor o tempo das clases maxistrais, titorías e prácticas (en ningún caso, se ditarán directa ou indirectamente apuntamentos en clase). É OBRIGATORIO o uso de bata no laboratorio e o CUMPRIMENTO das normas de seguridade (encóntranse dispoñibles na plataforma). RECOMÉNDASE: -realizar, para unha mellor comprensión da materia, os exercicios sobre os conceptos teóricos e as prácticas dispoñibles na plataforma tema. -asistir ás clases teóricas, prácticas, seminarios e titorías. -consultar a bibliografía recomendada. -facer uso frecuente das titorías para resolver as dúbidas que se presenten ao longo do curso, tanto no que se refire a cuestións teóricas como prácticas da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000