Guia docente 2014_15
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Zooloxía I: Invertebrados non artrópodos
   Recomendacións

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Citoloxía e histoloxía animal e vexetal I/V02G030V01303

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Bioloxía: Evolución/V02G030V01101
Bioloxía: Técnicas básicas de campo e teledetección/V02G030V01202
 
Outros comentarios
Para un mellor desenvolvemento da materia recoméndase: LER atentamente a guía docente (metodoloxía e avaliación), así como a información presentada na plataforma tema. É aconsellable IMPRIMIR o material didáctico publicado na plataforma tema, que facilitará a comprensión das explicacións permitindo rendibilizar mellor o tempo das clases maxistrais, titorías e prácticas (en ningún caso, se ditarán directa ou indirectamente apuntamentos en clase). É OBRIGATORIO o uso de bata no laboratorio e o CUMPRIMENTO das normas de seguridade (encóntranse dispoñibles na plataforma). RECOMÉNDASE realizar, para unha mellor comprensión da materia, os exercicios sobre os conceptos teóricos e as prácticas dispoñibles na plataforma tema. Asistir ás clases teóricas, prácticas, seminarios e titorías. Consultar a bibliografía recomendada. É aconsellable realizar ao longo de todo o curso, e como iniciativa persoal do alumno, a observación directa dos grupos faunísticos incluídos no exame de "visu". Facer uso frecuente das titorías para resolver as dúbidas que se presenten ao longo do curso, tanto no que se refire a cuestións teóricas como prácticas da materia.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000