Guia docente 2016_17
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Zooloxía I: Invertebrados non artrópodos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminarios O alumnado levará a cabo distintas actividades deseñadas para os seminarios onde basicamente se traballa en grupo. Estas actividades están deseñadas para afianzar coñecementos e competencias basicamente transversais que o alumnado debe adquirir.
Valorarase a participación resolvendo cuestións formuladas polo alumno e o profesor.
5 A2
A4
B10
B11
B12
C23
C32
D3
D4
D9
D10
D11
D12
D13
D14
D15
Traballos tutelados O alumnado levará a cabo en grupos de 3, 4, ou 5 participantes en función dos alumnos matriculados, dúas actividades relacionadas coa materia: un traballo relacionado coa zooloxía (15%) e unha colección de 15 especies coas súas fichas correspondentes (10%), según as normas indicadas na plataforma Tema. Con estes traballos serán avaliadas gran parte das competencias transversais que debe adquirir o alumnado. 25 A3
B2
B4
B5
B7
B10
B12
C11
C12
C32
C33
D2
D3
D6
D7
D9
D11
D12
D13
D14
D17
Probas de resposta curta Exames na aula: os contidos teóricos da materia serán explicados na aula a través de sesións maxistrais.
Para avaliar os coñecementos e competencias adquiridas polo alumnado sobre estes contidos teóricos realizaranse 2 probas escritas na aula que incluirán preguntas tipo test, de resposta curta, de relacionar, de desenrolo....
40 A1
A3
B3
B5
B7
B10
B12
C2
C9
C10
C24
C32
D1
D8
D11
D12
D13
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. O alumnado realizará 9 prácticas no laboratorio ao longo do curso onde se verán de forma práctica os contidos desenvolvidos na teoría. As prácticas da materia inclúen entre outras cousas, manexo, observación, identificación, estudo de morfoloxía externa e anatomía interna e disección de distintos exemplares da maioría dos filos estudados.
A avaliación dos coñecementos e competencias alcanzados nesta parte levarase a cabo no laboratorio mediante un exame práctico
15 B3
B4
B12
C1
C31
C32
D11
D12
D13
Outras Cuestionarios: parte dos contidos teóricos serán avaliados a través de 3 cuestionarios on-line (consultar datas de realización e entrega no calendario da materia dispoñible na plataforma tema) 15 A1
A3
B3
B5
B7
B10
B12
C2
C9
C10
C24
C32
D11
D12
D13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O horario da materia
pode consultarse en:
http://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/grado-en-biologia/horarios

As datas de exames
poden consultarse
http://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/grado-en-biologia/examenes

A materia divídese en catro
bloques avaliables: teoría, prácticas de laboratorio, seminarios e traballos
tutelados.

A avaliación é continua
ao longo do curso. Para poder ser avaliado de forma continua, o
alumnado deberá realizar todas as actividades planificadas para cada un dos
bloques.

TEORÍA

1. A avaliación da teoría (55%) será continuada ao longo do curso
e consistirá en 5 probas, 2 escritas sobre contidos teóricos (40%), a realizar
os días 26 de outubro de 2016 e 9 de xaneiro de 2017 e 3 cuestionarios "on
line" que valerán un 15%. Para poder superar esta parte debe obterse como
mínimo un 5 sobre 10 en cada unha das probas.

PRÁCTICAS

2. A parte práctica equivale ao 15% da nota final. As prácticas
de laboratorio son obrigatorias e avaliaranse a través dun exame práctico, que
se realizará no laboratorio o 6 de xaneiro de 2017 en horario de tarde. Para
poder superar esta parte debe obterse como mínimo un 5 sobre 10.

SEMINARIOS

3. A participación en seminarios implica un 5% da nota que se
corresponde á asistencia e participación activa nos seminarios.

TRABALLOS
TUTELADOS

4. A presentación de dous traballos
relacionados coa zooloxía valorarase cun 25% da nota. Para poder
superar esta parte debe obterse como mínimo un 4.5 sobre 10 en cada un deles.

Para poder
superar a materia
é necesario
superar a teoría, prácticas e traballos tutelados por separado cunha nota igual
ou superior á mínima esixida en cada parte. No caso de non ser así, a suma da
nota final multiplicarase por 0.5.

A asistencia ás
prácticas e seminarios
é obrigatoria
para poder presentarse ás probas teóricas e/ou prácticas en xuño ou xullo.

Presentarse a
dúas das actividades avaliables

independentemente de que o alumno realice ou non o resto figurará como suspenso
na Acta. Só os alumnos que nunca asistiran ás clases teóricas, seminarios,
prácticas ou non realicen ningunha das actividades avaliables figurarán na acta
como non presentados.

As situacións
particulares
que impidan participar nas actividades de forma regular,
por exemplo ter un contrato de traballo, enfermidade, etc. deben ser
comunicadas ao coordinador da materia nos 15 días inmediatos á aparición do
problema, co fin de buscar unha solución.

Non se pode
cambiar de grupo de prácticas e/ou grupos de seminarios
salvo causas excepcionais e, logo de solicitude ao
responsable da materia quen decidirá se o cambio é factible ou non unha vez
realizada a consulta coa coordinadora de 2º de grao.

A non asistencia
a calquera das actividades obrigatorias soa será xustificada en casos
excepcionais (p. ex. motivos de saúde, problemas familiares, esixencias dun
contrato de traballo.....) e non se xustificará ningunha ausencia debido a
actividades extra curriculares (p. ex. competicións deportivas non oficiais,
obter o carné de conducir, irse de viaxe..........).

Non se recollerá ningunha actividade solicitada fóra do prazo convido. As
datas indicadas no horario da materia son inamovibles.

Só conservaranse
as partes aprobadas
por bloques,
para o resto das convocatorias do mesmo curso. Matricularse de novo da materia
implicará repetir todas as actividades.

IMPORTANTE

Confusións repetidas de conceptos básicos ou mala utilización da nomenclatura
científica nas distintas probas, pode implicar un 0 no conxunto da proba.

Se en calquera das
actividades se detecta copia, o alumno suspenderá automaticamente esa parte da
materia.

Se ben co sistema de
avaliación continua resulta máis doado aprobar unha materia, é máis difícil
conseguir unha boa nota. Para non prexudicar ao alumnado, no caso de que
se superase a materia
sumaráselle un 5% da nota na convocatoria de
xaneiro.