Guia docente 2015_16
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Zooloxía I: Invertebrados non artrópodos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral Os contidos teóricos da materia serán explicados na aula a través de sesións maxistrais.
Para avaliar os coñecementos e competencias adquiridas polo alumnado sobre estes contidos teóricos realizaranse 2 probas escritas na aula que supoñerán un 40% da nota final e 3 cuestionarios on-line que valerán un 15% (consultar datas de realización e entrega no calendario da materia dispoñible na plataforma tema)
55 A1
A3
B3
B5
B7
B10
B12
C2
C9
C10
C24
C32
D1
D8
D11
D12
D13
Seminarios O alumnado levará a cabo distintas actividades deseñadas para os seminarios onde basicamente se traballa en grupo. Estas actividades están deseñadas para afianzar coñecementos e competencias basicamente transversais que o alumnado debe adquirir.
Valorarase a participación resolvendo cuestións formuladas polo alumno e o profesor.
5 A2
A4
B10
B11
B12
C23
C32
D3
D4
D9
D10
D11
D12
D13
D14
D15
Prácticas de laboratorio O alumnado realizará 9 prácticas no laboratorio ao longo do curso onde se verán de forma práctica os contidos desenvolvidos na teoría.
As prácticas da materia inclúen entre outras cousas, manexo, observación, identificación, estudo de morfoloxía externa e anatomía interna e diseccións de distintos exemplares da maioría dos filos estudados.
A avaliación dos coñecementos e competencias alcanzados polo alumnado nesta parte levarase a cabo no laboratorio mediante un exame práctico.
15 B3
B4
B12
C1
C31
C32
D11
D12
D13
Traballos tutelados O alumnado levará a cabo en grupos (cuxo n.º de participantes será de 3, 4 ou 5 en función dos alumnos matriculados) dúas actividades relacionadas coa materia: un traballo relacionado coa zooloxía (15%) e unha colección de 15 especies coas súas fichas correspondentes (10%). Con estes traballos serán avaliadas gran parte das competencias transversais que debe adquirir o alumnado. 25 A3
B2
B4
B5
B7
B10
B12
C11
C12
C32
C33
D2
D3
D6
D7
D9
D11
D12
D13
D14
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O horario da materia pode consultarse en: http://www.facultadbiologiavigo.es/tl_files/Documentos%20PDF/Horarios%20curso%202015-16/HORARIO%202%C2%BA%20grado%20-%201er%20sem%20%28curso%2015-16%29.pdf

As datas de exames poden consultarse en: http://www.facultadbiologiavigo.es/tl_files/Documentos%20PDF/Horarios%20curso%202015-16/EXAMES%20licenciatura%202015-16.pdf

A materia divídese en catro bloques avaliables: teoría, prácticas de laboratorio, seminarios e traballos tutelados.

A
avaliación é continua ao longo do curso. Para poder ser avaliado de
forma continua, o alumnado deberá realizar todas as actividades
planificadas para cada un dos bloques.

TEORÍA
1. A avaliación da
teoría
(55%) será continuada ao longo do curso e consistirá en 2 probas
escritas sobre contidos teóricos
(40%) , a realizar os días 6 de novembro de
2015 e 11 de xaneiro de 2016 e 3 cuestionarios "on line" que valerá un 15%. Para poder superar esta parte debe obterse como mínimo un 5 sobre 10.

PRÁCTICAS
2.
A parte práctica equivale ao 15% da nota final. As prácticas de
laboratorio son obrigatorias e avaliaranse a través dun exame práctico,
que se realizará no laboratorio o 11 de xaneiro de 2016 en horario de
tarde. Para poder superar esta parte debe obterse como mínimo un 5 sobre
10.

SEMINARIOS
3. A
participación en seminarios
implica un 5% da nota que se corresponde á
asistencia e participación activa nos seminarios.

TRABALLOS TUTELADOS
4.
A presentación de dous traballos relacionados coa zooloxía valorarase
cun 25% da nota. Para poder superar esta parte debe obterse como mínimo
un 4.5 sobre 10 en cada un deles.

Para poder superar a materia é
necesario superar a teoría, prácticas e traballos tutelados por separado
cunha nota igual ou superior á mínima esixida en cada parte. No caso de
non ser así, o sumatorio da nota final multiplicarase por 0.5.

A asistencia ás prácticas e seminarios é obrigatoria para poder presentarse ás probas teóricas e/ou prácticas en xuño ou xullo.

Presentarse
a dúas das actividades avaliables
independentemente de que o alumno
realice ou non o resto figurará como suspenso na Acta. Só os alumnos que
nunca asistiran ás clases teóricas, seminarios, prácticas ou non
realicen ningunha das actividades avaliables figurarán na acta como non
presentados.

As situacións particulares que
impidan participar nas actividades de forma regular, por exemplo ter un
contrato de traballo, enfermidade, etc. deben ser comunicadas ao
coordinador da materia nos 15 días inmediatos á aparición do problema,
co fin de buscar unha solución.

Non se pode cambiar de grupo de
prácticas e/ou grupos de seminarios
salvo causas excepcionais e, logo de solicitude
ao responsable da materia quen decidirá se o cambio é factible ou non
unha vez realizada a consulta coa coordinadora de 2º de grao.

A non
asistencia
a calquera das actividades obrigatorias soa será xustificada
en casos excepcionais (p. ex. motivos de saúde, problemas familiares,
esixencias dun contrato de trabajo.....) e
non se xustificará ningunha ausencia debido a actividades extra
curriculares (p. ex. competicións deportivas non oficiais, obter o carné
de conducir, irse de viaje..........).

Non se recollerá ningunha actividade solicitada fóra do prazo convido. As datas indicadas no horario da materia son inamovibles.

Só conservaranse as partes
aprobadas
por bloques, para o resto das convocatorias do mesmo curso.
Matricularse de novo da materia implicará repetir todas as actividades.


IMPORTANTE
Confusións
repetidas de conceptos básicos ou mala utilización da nomenclatura
científica nas distintas probas, pode implicar un 0 no conxunto da
proba.

Se en calquera das actividades se detecta copia, o alumno suspenderá automaticamente esa parte da materia.

Se
ben co sistema de avaliación continua resulta máis doado aprobar unha
materia, é máis difícil conseguir unha boa nota. Para non prexudicar ao
alumnado, no caso de que se superase a materia sumaráselle un 10% da
nota (p. ex. se o alumno a alcanzado un 8 a súa nota final será de 8.8 e
se alcanza un 5 será de 5.5).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000