Seminarios |
O alumnado levará a cabo distintas actividades deseñadas para os seminarios onde basicamente se traballa en grupo. Estas actividades están deseñadas para afianzar coñecementos e competencias basicamente transversais que o alumnado debe adquirir.
Valorarase a participación resolvendo cuestións formuladas polo alumno e o profesor. |
5 |
A2 A4
|
B10 B11 B12
|
C23 C32
|
D3 D4 D9 D10 D11 D12 D13 D14 D15
|
Traballos tutelados |
O alumnado levará a cabo en grupos (cuxo n.º de participantes será de 3, 4 ou 5 en función dos alumnos matriculados) dúas actividades relacionadas coa materia: un traballo relacionado coa zooloxía (15%) e unha colección de 15 especies coas súas fichas correspondentes (10%). Con estes traballos serán avaliadas gran parte das competencias transversais que debe adquirir o alumnado. |
25 |
A3
|
B2 B4 B5 B7 B10 B12
|
C11 C12 C32 C33
|
D2 D3 D6 D7 D9 D11 D12 D13 D14 D17
|
O horario da materia pode consultarse en: http://www.facultadbiologiavigo.es/tl_files/Documentos%20PDF/Horarios%20curso%202015-16/HORARIO%202%C2%BA%20grado%20-%201er%20sem%20%28curso%2015-16%29.pdf As datas de exames poden consultarse en: http://www.facultadbiologiavigo.es/tl_files/Documentos%20PDF/Horarios%20curso%202015-16/EXAMES%20licenciatura%202015-16.pdf A materia divídese en catro bloques avaliables: teoría, prácticas de laboratorio, seminarios e traballos tutelados. A
avaliación é continua ao longo do curso. Para poder ser avaliado de
forma continua, o alumnado deberá realizar todas as actividades
planificadas para cada un dos bloques.
TEORÍA 1. A avaliación da
teoría (55%) será continuada ao longo do curso e consistirá en 2 probas
escritas sobre contidos teóricos (40%) , a realizar os días 6 de novembro de
2015 e 11 de xaneiro de 2016 e 3 cuestionarios "on line" que valerá un 15%. Para poder superar esta parte debe obterse como mínimo un 5 sobre 10.
PRÁCTICAS 2.
A parte práctica equivale ao 15% da nota final. As prácticas de
laboratorio son obrigatorias e avaliaranse a través dun exame práctico,
que se realizará no laboratorio o 11 de xaneiro de 2016 en horario de
tarde. Para poder superar esta parte debe obterse como mínimo un 5 sobre
10.
SEMINARIOS 3. A
participación en seminarios implica un 5% da nota que se corresponde á
asistencia e participación activa nos seminarios.
TRABALLOS TUTELADOS 4.
A presentación de dous traballos relacionados coa zooloxía valorarase
cun 25% da nota. Para poder superar esta parte debe obterse como mínimo
un 4.5 sobre 10 en cada un deles.
Para poder superar a materia é
necesario superar a teoría, prácticas e traballos tutelados por separado
cunha nota igual ou superior á mínima esixida en cada parte. No caso de
non ser así, o sumatorio da nota final multiplicarase por 0.5.
A asistencia ás prácticas e seminarios é obrigatoria para poder presentarse ás probas teóricas e/ou prácticas en xuño ou xullo.
Presentarse
a dúas das actividades avaliables independentemente de que o alumno
realice ou non o resto figurará como suspenso na Acta. Só os alumnos que
nunca asistiran ás clases teóricas, seminarios, prácticas ou non
realicen ningunha das actividades avaliables figurarán na acta como non
presentados.
As situacións particulares que
impidan participar nas actividades de forma regular, por exemplo ter un
contrato de traballo, enfermidade, etc. deben ser comunicadas ao
coordinador da materia nos 15 días inmediatos á aparición do problema,
co fin de buscar unha solución.
Non se pode cambiar de grupo de
prácticas e/ou grupos de seminarios salvo causas excepcionais e, logo de solicitude
ao responsable da materia quen decidirá se o cambio é factible ou non
unha vez realizada a consulta coa coordinadora de 2º de grao.
A non
asistencia a calquera das actividades obrigatorias soa será xustificada
en casos excepcionais (p. ex. motivos de saúde, problemas familiares,
esixencias dun contrato de trabajo.....) e
non se xustificará ningunha ausencia debido a actividades extra
curriculares (p. ex. competicións deportivas non oficiais, obter o carné
de conducir, irse de viaje..........).
Non se recollerá ningunha actividade solicitada fóra do prazo convido. As datas indicadas no horario da materia son inamovibles.
Só conservaranse as partes
aprobadas por bloques, para o resto das convocatorias do mesmo curso.
Matricularse de novo da materia implicará repetir todas as actividades.
IMPORTANTE Confusións
repetidas de conceptos básicos ou mala utilización da nomenclatura
científica nas distintas probas, pode implicar un 0 no conxunto da
proba.
Se en calquera das actividades se detecta copia, o alumno suspenderá automaticamente esa parte da materia.
Se
ben co sistema de avaliación continua resulta máis doado aprobar unha
materia, é máis difícil conseguir unha boa nota. Para non prexudicar ao
alumnado, no caso de que se superase a materia sumaráselle un 10% da
nota (p. ex. se o alumno a alcanzado un 8 a súa nota final será de 8.8 e
se alcanza un 5 será de 5.5).
|