Guia docente 2014_15
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Zooloxía I: Invertebrados non artrópodos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Farase unha proba escrita parcial liberatoria (13 de novembro) e unha proba integradora ao final (data oficial 8 de xaneiro).
Ao longo do curso, os alumnos deben realizar ademais 3 cuestionarios en datas determinadas, que formarán parte da cualificación deste apartado. Estes cuestionarios non eliminan materia.
50
Seminarios Valorarase a asistencia e participación resolvendo cuestións formuladas polo alumno e o profesor 5
Prácticas de laboratorio Farase unha proba escrita sobre as 6 primeiras prácticas de laboratorio e unha proba no laboratorio que incluirá identificación de "visu" de 5 especies e a descrición completa dunha especie distinta das anteriores 25
Traballos tutelados Realización dun traballo relacionado coa zooloxía
Colección zoolóxica e fichas
20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. A avaliación é
continua
ao longo do curso e valorarase a asistencia e participación nas
actividades.


2. A avaliación da teoría (50%) será continuada ao longo do curso a través de 1
proba escrita (20%), os cuestionarios serán un 10% da avaliación da teoría e a
proba integradora final que equivale ao 20% no caso de ter liberado materia na
primeira proba escrita ou ao 40% se non se liberou.


3. A parte práctica equivale ao 25% da nota final. Do 25% asignado ao valor das
prácticas, o 15% correspóndese á proba escrita das 6 primeiras prácticas e o
10% restante ao recoñecemento de "visu" e
descrición dunha especie no laboratorio.


4. A participación en seminarios implica un 5% da nota que se corresponde á
asistencia e participación activa nos seminarios de grupos C.


5. A presentación de dous traballos relacionados coa zooloxía valorarase cun
20% da nota.


6. Para poder superar a materia é necesario ter aprobada a teoría (50%) e a
práctica (25%) por separado e cunha nota superior a 5 (avaliando cada parte
sobre 10). No caso de non ser así, o sumatorio da nota final multiplicarase por
0.5.

7. A asistencia ás
prácticas e seminarios
é obrigatoria para poder presentarse ás probas teóricas
e/ou prácticas en xuño ou xullo.


8. Presentarse a unha das actividades avaliables independentemente de que o
alumno realice ou non a proba final integradora (non exame final) figurará como
suspenso na Acta. Só os alumnos que nunca asistiran ás clases teóricas,
seminarios, prácticas ou non realicen ningunha das actividades avaliables
figurarán na acta como non presentados.


9. As situacións particulares que impidan participar nas actividades de forma
regular, por exemplo ter un contrato de traballo, enfermidade, etc. deben ser
comunicadas á coordinadora da materia nos 15 días
inmediatos á aparición do problema, co fin de buscar unha solución.


10. Os alumnos non poden cambiarse de grupo de prácticas e/ou grupos C salvo
causas excepcionais e, logo de solicitude ao responsable da materia quen
decidirá se o cambio é factible ou non unha vez realizada a consulta coa
coordinadora de 2º de grao.


11. A non asistencia a calquera das actividades obrigatorias soa será
xustificada en casos excepcionais (p. ex. motivos de saúde, problemas
familiares, esixencias dun contrato de traballo.....)
e non se xustificará ningunha ausencia debido a actividades extra curriculares
(p. ex. competicións deportivas non oficiais, obter o carné de conducir, irse
de viaxe..........).


12. Non se recollerá ningunha actividade solicitada fóra do prazo convido. As
datas indicadas no horario da materia son inamovibles.


12. Para a convocatoria de xullo (14-07-2015) conservaranse as partes aprobadas por bloques,
xa que se presupón que as competencias, aptitudes e coñecementos adquiridos non
se perden.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000