Guia docente 2018_19
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Zooloxía I: Invertebrados non artrópodos
   Contidos
Tema Subtema
PROGRAMA TEÓRICO CONTIDOS
I. A ciencia zoolóxica. Introdución á Zooloxía. De onde veñen os animais?. Onde viven?. Definición de animal.
II. Sistemática, filoxenia e clasificación Clasificación. Nomenclatura. Taxonomía e sistemática. Monofilia, parafilia e polifilia. Caracteres e concepto de homoloxía. Plesiomorfía e apomorfía. Árbores filoxenéticos. Concepto de especie. Escolas sistemáticas.
III. Arquitectura animal e plans corporais Organización da complexidade animal. Arquetipos dos animais.
IV. Desenvolvemento, ciclos e orixe Desenvolvemento animal. Ciclos de vida. Orixe dos Metazoos.
V. Esponxas e Placozoos Poríferos. Forma e función. Sistemática do grupo. Relacións filoxenéticas. Importancia do grupo.

Placozoos: Forma e función. Relacións filoxenéticas.
VI. Os animais radiados Cnidarios. Forma e función. Sistemática do grupo. Relacións filoxenéticas. Importancia do grupo.

Ctenóforos: Forma e función. Relacións filoxenéticas.
VII. Introdución aos bilaterais. Xenacelomorfos. Forma e función. Sistemática do grupo.
VIII. Platelmintos Forma e función. Sistemática do filo. Relacións filoxenéticas.
IX. Ortonéctidos, Rombozoos, Quetognatos e Gastrotricos Ortonéctidos, Rombozoos, Quetognatos e Gastrotricos. Caracteres xerais. Filoxenia dos grupos e importancia.
X. Nemertinos Nemertinos. Caracteres xerais. Filoxenia do grupo e importancia.
XI. Moluscos Caracteres xerais. Morfoloxía do molusco ancestral. Clasificación e estudo das distintas clases de moluscos. Relacións filoxenéticas. Importancia do filo.
XII. Anélidos e taxóns relacionados Anélidos (Pogonóforos incluídos). Caracteres xerais e clasificación. Relacións filoxenéticas e importancia como grupo. Taxóns próximos a Anélidos: Sipuncúlidos e Equiúridos. Relacións filoxenéticas.
XIII. Endoproctos e Ciclióforos Caracteres xerais e clasificación. Relacións filoxenéticas.
XIV. Gnatíferos Gnatostomúlidos, Micrognatozoos. Rotíferos e Acantocéfalos. Caracteres xerais. Filoxenia dos grupos e importancia.
XV. Lofoforados Braquiópodos, Briozoos e Foronídeos. Caracteres xerais. Filoxenia dos grupos e importancia.
XVI. Nematodos e Nematomorfos Nematodos e Nematomorfos. Caracteres xerais. Filoxenia dos grupos e importancia.
XVII. Escalidóforos Quinorrincos, Priapúlidos e Loricíferos. Caracteres xerais. Filoxenia dos grupos e importancia.
XVIII. Equinodermos Caracteres xerais. Clasificación e estudo das distintas clases de Equinodermos. Relacións filoxenéticas.
XIX. Hemicordados Forma e función. Sistemática do fío. Relacións filoxenéticas.
PROGRAMA PRÁCTICO CONTIDOS
Práctica 1 Esponxas: observación de tipos xerais. Preparación e observación de distintos tipos de espículas
Práctica 2 Cnidarios: observación e estudo de varios exemplares.
Práctica 3 Observación e estudo de exemplares de Platelmintos, Nemertinos, Gnatíferos, filos de Lofotrocozoos menores, Nematodos, Nematomorfos.
Práctica 4 Moluscos I: estudo da morfoloxía externa de representantes das diferentes clases de Moluscos.
Práctica 5 Moluscos II: disección de un mexillón.
Práctica 6 Anélidos I: estudo da morfoloxía externa de representantes das diferentes clases de Anélidos. Observación de Sipuncúlidos e Equiúridos.
Práctica 7 Anélidos II: disección de un anélido oligoqueto.
Práctica 8 Equinodermos I: estudo da morfoloxía externa de exemplares das diferentes clases de Equinodermos.
Práctica 9 Equinodermos II: disección dun equinoideo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000