Guia docente 2018_19
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Microbioloxía I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Cinco probas parciais o longo do semestre, de tipo test e/ou pregunta curta. Neste último tipo cualificaranse, ademais dos contidos, a expresión e terminoloxía científico-técnica. As probas terán carácter eliminatorio e calquera delas será recuperable no exame final, cuxa data figura no enlace :
http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/exames
55 A1
A2
A3
B5
C1
C2
C4
C5
C6
C9
C10
C11
C16
C18
C20
C24
C25
C30
C32
C33
D16
Prácticas de laboratorio Serán avaliadas mediante unha Proba de tipo test, resolución de exercicios e pregunta curta. Neste último tipo cualificaranse, ademais dos contidos, a expresión e terminoloxía científico-técnica.
A proba será recuperable no exame final.
33 A2
A3
B3
B4
B5
C1
C4
C5
C11
C25
C31
C32
C33
D9
D10
D14
D16
D17
D18
Seminario O primeiro seminario (6%) avaliarase mediante unha proba tipo test. A avaliación do segundo seminario (6%) consistirá na elaboración dun póster. Ambas probas terán lugar durante os seminarios. 12 A3
A4
B2
B11
C9
C10
C32
D3
D10
D14
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Para superar a materia, o alumno-a deberá de : 
1. Asistir aos Seminarios de Aprendizaxe Colaborativa e as Prácticas de Laboratorio. Non se admitirán faltas de asistencia por razóns de índole extracurricular. Únicamente nas clases prácticas permítese unha falta de asistencia, sempre que se xustifique documentalmente. No caso contrario, estas actividades realizaránse nos cursos seguintes. 
2. Superar cun mínimo de 5 puntos sobre 10 a proba de Prácticas de Laboratorio e cada unha das probas parciais de Teoría, a realizar ao longo do semestre. As probas suspensas poderán ser recuperadas no exame final de Xaneiro. 
3. A cualificación final do alumno-a será a resultante de sumar as notas porcentuadas de seminarios, prácticas e teoría, sempre que se cumpran os requisitos 1 e 2. De non ser así, a cualificación final será a nota media das actividades e probas suspensas. 
4. En caso de non aprobar a materia na convocatoria de Xaneiro, o alumno-a conserva ata a convocatoria de Xullo as notas de cada unha das probas superadas, tendo que recuperar en Xullo únicamente as probas suspensas. Figurará en Actas cun "No Presentado" o alumno-a que, tendo suspensa algunha das probas ou actividades do semestre, non se presente ao exame final (Xaneiro ou Xullo), para a súa recuperación.
5. En caso de non superar a materia na convocatoria de Xullo, o alumno-a terá que examinarse da parte suspensa (Prácticas ou Teoría completa) nas convocatorias oficiais de cursos seguintes.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000