Guia docente 2018_19
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Microbioloxía I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral O profesor-a estrutura e/ou explica os obxectivos e contidos de cada tema e resolve as cuestións expostas polos alumnos-as. Estes dispoñen en Faitic das presentacións comentadas na aula e de documentos de apoio de cada tema, organizados en obxectivos, fontes bibliográficas e cuestionarios de autoavaliación.
Prácticas de laboratorio O profesor-a explica os fundamentos e protocolos de prácticas, supervisa a súa execución e resolve as dúbidas dos alumnos-as. Estes dispoñen en Faitic dunha Guía de prácticas cos protocolos e fundamentos teóricos, cuestionarios de autoavaliación, e exercicios resoltos.
Seminario En dúas sesións de 90 minutos cada unha, os alumnos-as desenvolverán en grupos, baixo o consello do profesor-a, actividades integradas de Aprendizaxe Colaborativa.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000