Guia docente 2016_17
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Microbioloxía I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral O profesor-a estrutura e/ou explica os obxectivos e contidos de cada tema e discute as cuestións expostas polos alumnos-as. Estes dispoñen en Faitic das presentacións comentadas na aula e de documentos de apoio de cada tema, organizados en obxectivos, fontes bibliográficas e cuestionarios de autoavaliación
Prácticas de laboratorio O profesor-a explica os fundamentos e protocolos de prácticas, supervisa a súa execución e resolve as dúbidas dos alumnos-as. Estes dispoñen en Faitic dunha Guía de prácticas cos protocolos e fundamentos teóricos, e cuestionarios de autoavaliación
Resolución de problemas e/ou exercicios O profesor-a expón problemas e exercicios modelo, explica o método a seguir para a súa resolución e resolve as dúbidas dos alumnos-as. Estes dispoñen en Faitic de exercicios para a súa resolución de forma autónoma
Traballos tutelados Cada alumno-a desenvolverá, de forma individual e autónoma, un tema do programa proposto polo profesor-a, quen exporá o seu índice, obxectivos e normas, e instruirá na procura e utilización de fontes bibliográficas
Seminarios En dúas sesións de 90 minutos cada unha, os alumnos-as desenvolverán en grupos, baixo a dirección do profesor-a, actividades integradas de Aprendizaxe Colaborativo. Os textos traballados quedarán expostos en Faitic e constitúen materia de estudo nos exames parcial ou final
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000