Guia docente 2014_15
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Botánica I: Algas e fungos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A asistencia á totalidade das prácticas (salvo falta debidamente xustificada) e a realización do exame práctico son preceptivos para superar a materia en calquera das convocatorias 0
Traballos tutelados Avaliarase a contribución individual de cada alumno ao conxunto do traballo. Terase en conta a estrutura, orixinalidade, uso do idioma en xeral e da terminoloxía científica. Tamén se terá en conta a adecuación ao formato previamente esixido. Os traballos poderán presentarse en galego ou castelán. 15
Presentacións/exposicións Ao final do cuadrimestre farase a exposición pública dos traballos realizados ao longo do período lectivo. Valorarase a claridade na exposición dos conceptos, o uso dos recursos informáticos e a capacidade de expresión oral do alumno e, en xeral, a súa capacidade para captar a atención do auditorio. 5
Probas de resposta curta A parte teórica da materia será avaliada mediante dúas probas parciais, que consistirán nun combinado de preguntas de resposta curta e preguntas tipo test. Para superar a materia, a nota mínima obtida no primeiro exame parcial deberá ser igual o superior a 5 puntos sobre 10. Os alumnos que non alcancen esa cualificación poderán presentarse á proba final,que coincidirá co segundo parcial da materia. 55
Probas de autoavaliación Na páxina da materia da plataforma TEMA, o alumno disporá de cuestionarios de autoavaliación para axudarlle no estudo da materia. O período de realización de cada grupo de cuestionarios estará fixado pola profesora a fin de programar o estudo de xeito secuencial.
A resolución dos mencionados cuestionarios de autoavaliación e a presentación dos cuestionarios de preparación dos seminarios suporá un 10% da cualificación final.
10
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Á finalización das prácticas de laboratorio realizarase un exame práctico no que o alumno deberá demostrar a destreza no manexo das técnicas, a interpretación das súas observacións e o uso das claves de identificación 15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
No caso de que o alumno non asistise á totalidade das prácticas, non tería opción a presentarse aos exames da materia en ningunha das convocatorias e, por conseguinte, figurará en actas como NON PRESENTADO. As datas de exame establecidas no calendario oficial para esta materia son o 16 de xaneiro de 2015 en primeira convocatoria e o 7 de xullo de 2015 en segunda; tamén está prevista una convocatoria de Fin de Carreira o día 10 de outubro de 2014.
Para superar a materia é imprescindible conseguir unha cualificación global mínima de 5 puntos sobre 10. A cualificación final calcúlase sumando os distintos apartados avaliados aplicando as porcentaxes correspondentes (exame teórico 55%, exame práctico 15%, realización e presentación do traballo tutelado 15% + 5% e o seguimento das clases teóricas a través das probas de autoavaliación 10%). Para superar a parte teórica da materia, o alumno deberá obter unha media igual ou superior a 4,5 puntos sobre 10 nos dous exames parciais, ou ben nunha soa proba teórica final. O primeiro exame parcial considerarase superado cunha nota igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Cando a cualificación das probas teóricas é inferior a 4,5 puntos sobre 10, o alumno figurará en actas como SUSPENSO, coa puntuación obtida na proba teórica (exame final, media dos exames parciais, ou a nota obtida no caso de presentarse só a un deles)/deles).
En segunda convocatoria, farase un exame teórico (55% da cualificación final), cunha nota mínima de 4,5 puntos sobre 10. Tamén se terá a opción de repetir o exame práctico no caso de que non se superara. A cualificación final calcúlase sumando os apartados avaliados durante o curso. Cando a cualificación da proba teórica non alcance os 4,5 puntos, o alumno figurará en actas como SUSPENSO, coa nota obtida no exame teórico.
A cualificación do exame práctico e do traballo tutelado contemplaranse durante tres cursos académicos consecutivos.
Para optar á cualificación de Sobresaliente ou Matrícula de Honra, será condición indispensable a realización e exposición do traballo tutelado.
Informarase das cualificacións a través da plataforma TEMA e exporanse nos taboleiros existentes para tal fin.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000