Guia docente 2012_13
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Botánica I: Algas e fungos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral A asistencia regular e o seguimento das clases teóricas da materia avaliarase mediante a realización de pequenas probas distribuidas aleatoriamente ao longo do cuadrimestre. 5
Prácticas de laboratorio A asistencia á totalidade das prácticas e a presentación do informe son preceptivos para superar a materia en cualquera das convocatorias, salvo casos aislados debidamente xustificados. 0
Traballos tutelados
Avaliarase a contribución individual de cada alumno ao conxunto do traballo de grupo e se terá en conta a estructura, orixinalidade, uso do idioma en xeral e da terminoloxía científicaen particular. Tamén se terá en conta a adecuación ao formato previamente esixido. Os traballos poderán presentarse en galego ou castelán.
10
Presentacións/exposicións Ao final do cuadrimestre farase a exposición pública dos traballos realizados ao longo do periodo lectivo. Se avalirará a claridade na exposición dos conceptos, o uso dos recursos informáticos e a capacidade de expresión oral do alumno 5
Probas de resposta curta A parte teórica da materia será avaliada mediante dúas probas parciais, que consistirán nun combinado de preguntas de resposta curta e cuestións de tipo test. Para superar a materia, a nota mínima obtida no primeiro examen parcial deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Os alumnos que non acaden esa cualificación poderán presentarse á proba final, que coincidirá coa data do segundo parcial da materia.
60
Informes/memorias de prácticas Unha vez finalizada a súa quenda de prácticas, o alumno disporá dunha semana para persentar o informe debidamente cumprimentado. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

No hipotético caso de que o alumno non asistise á totalidade das prácticas, non tería opción a presentarse aos exames da materia en ningunha das convocatorias e, por conseguinte, figurará en actas como NON PRESENTADO.

Para superar a materia é imprescindible acadar unha cualificación global mínima de 5 puntos sobre 10. A cualificación final se calcula sumando os distintos apartados avaliados aplicando os porcentaxes correspondentes (examen teórico 60%, informe de prácticas 20%, trabajo 15%, asistenza e seguemento das clases teóricas 5%). Para superar a parte teórica da materia, o alumno deberá obter unha media igual o superior a 4,5 puntos sobre 10 nos dous exames parciais, ou ben nunha soa proba teórica final. O primeiro exame parcial considerarase superado se a nota obtida é igual o superior a 5 puntos sobre 10. Cando a cualificación das probas teóricas é inferior a 4,5 puntos sobre 10, o alumno figurará en actas como SUSPENSO, coa puntuación obtida na proba teórica (exame final, media dos exames parciais, ou a nota obtida no caso de presentarse a un deles).

En segunda convocatoria, farase un exame teórico (60% de a cualificación final), con unha nota mínima de  4,5 puntos sobre 10. A cualificación final se calcula sumando os apartados avaliados durante o curso. Cando a cualificación da proba teórica no acade os 4,5 puntos, o alumno figurará en actas como SUSPENSO, coa nota obtida no exame teórico. La calificación del informe de prácticas y trabajo tutelado se contemplará durante 3 cursos académicos.

Informarase das cualificacións a través da plataforma TEMA e se exporán nos taboeiros existentes para tal fin.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000