Guia docente 2015_16
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Botánica I: Algas e fungos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral O programa teórico da materia desenvolverase durante as sesións maxistrais. Os materiais didácticos utilizados durante as exposicións e o texto completo das leccións estarán anticipadamente a disposición dos alumnos na plataforma TEMA, coa finalidade de dinamizar as clases, aclarar conceptos ou resolver posibles dúbidas.
Prácticas de laboratorio Tras unha breve descrición do procedemento de toma de mostras e das características dos organismos estudados, en cada sesión de prácticas procederase ao seu exame utilizando lupa e microscopio óptico. Utilizaranse claves para a identificación das especies.
As explicacións relativas a cada práctica estarán disponibles na plataforma TEMA.
A asistencia a todas as sesións é preceptiva para superar a materia, salvo que a falta estea debidamente xustificada.
Realizaranse no laboratorio LD4 (Sección A, Planta 1ª, Porta 1)
Traballos tutelados Os traballos, de carácter colaborativo, versarán sobre distintas temáticas relacionadas coa materia. Poderán ser exclusivamente bibliográficos ou incorporar observacións de campo. Cada grupo terá un número mínimo de cinco compoñentes, asignados aleatoriamente ao principio do curso. Cada alumno será responsable de, alomenos, un dos apartados en que se estruture o traballo e do resultado final de todo o conxunto.
A profesora realizará o seguimento dos progresos da súa elaboración a través de titorías individualizadas ao longo do cuadrimestre.
Exporanse publicamente nas datas programadas
Titoría en grupo Levaranse a cabo ao longo de tres sesións nas que se tratarán os contidos máis relevantes do programa teórico resolveranse as posibles dúbidas xurdidas na resolución dos cuestionarios de autoavaliación e os cuestionarios de preparación das titorías.
Presentacións/exposicións Farase a exposición pública dos traballos tutelados anteriormente mencionados; nela participarán todos os integrantes de cada grupo
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000