Guia docente 2017_18
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Estatística: Bioestatística
   Contidos
Tema Subtema
ESTATÍSTICA DESCRITIVA Medidas de tendencia central, de dispersión e de forma. Representacións gráficas. Variabilidade biolóxica. Transformacións lineais e non lineais. Datos atípicos e diagramas de caixas. Media e varianza en subpoblacións. Introdución descritiva a Anova.
CÁLCULO DE PROBABILIDADES
Experimento aleatorio. Definición frecuentista e axiomática de Probabilidade. Regra da Adición. Probabilidade condicionada. Probabilidades totais e teorema de Bayes. Independencia de sucesos. Asignación de probabilidades. Aplicacións en bioloxía: test diagnósticos, risco relativo e odds ratio.
PRINCIPAIS DISTRIBUCIÓNS
Variables aleatorias discretas e continuas. Media e varianza. Principais distribucións discretas e continuas.
Modelo binomial e multinomial. Outros modelos discretos: hipergeométrico, poisson, ...
Modelos continuos: normal, log-normal, exponencial, chi-cadrado, t-student, F Fisher-Snedecor.
INTRODUCIÓN AO CONTRASTE DE HIPÓTESE. TÁBOAS DE FRECUENCIAS: MEDIDAS E CONTRASTES Introdución ao contraste de hipótese: erro tipo I, erro tipo II, nivel de significación e valor p. Contrastes paramétricos e non paramétricos.
Táboas de frecuencias. Medidas de asociación en táboas de frecuencias para variables nominais e ordinais. Medidas de predición e concordancia.
Test chi-cadrado. Contrastes de bondade de axuste e contrastes de independencia e de homoxeneidade. Tests de normalidade.



REGRESIÓN E CORRELACIÓN
Gráfico de dispersión. Recta de axuste. Coeficiente de correlación e de determinación. ANOVA e análise de residuos. Outros modelos: parabólico, exponencial,... en prácticas de excel. Introdución á regresión lineal múltiple. Intervalos de confianza e predicións.
INFERENCIA ESTATÍSTICA I
Introdución aos métodos de mostraxe. Estimación puntual. Intervalos de confianza.
Contrastes para a media e varianza dunha poblacion normal. Contrastes para comparar medias e varianzas de dúas poboacións normais.
INFERENCIA ESTATÍSTICA II
Comparacións entre máis de 2 grupos. Deseño experimental con 1 factor, e ANOVA adxunto.
Comparacións múltiples de medias. Deseño experimental con 2 factores e interacción, e ANOVA adxunto. Comprobación das hipóteses dos modelos e técnicas non paramétricas alternativas: prácticas con R.
PRÁCTICAS CON EXCEL
Programación de follas de cálculo Excel en todos os temas anteriores.
PRÁCTICAS DO LABORATORIO CON R Manexo do paquete estatístico R.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000