O horario é de mañá, de 10:00 a 14:00. O período lectivo dos diferentes Módulos comprende, en conxunto, desde o 21 de xaneiro ao 15 de marzo de 2019. Os días correspondentes a cada Módulo e Grupo experimental poden ser consultados na páxina web da Facultade (http://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/horarios). A presentación da Materia a cargo do seu coordinador terá lugar o 21 de xaneiro, de 9:00 a 10:00 na aula 1. A asistencia a todas as actividades presenciais é OBRIGATORIA para APROBAR a materia, salvo ausencia debidamente xustificada por algún dos motivos de exención oficialmente considerados (enfermidade e compromisos deportivos federados). A data oficial do examen da 1ª convocatoria é o mércores 3 de abril de 2019, de 15:00 a 17:00. O resto de datas oficiais pode consultarse na páxina web da Facultade (http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/exames). As aulas serán feitas públicas oportunamente polo Centro (poderán ser consultadas na súa páxina web) e serán así mesmo comunicadas con antelación polo coordinador da Materia. O alumno que suspenda a Materia recibirá como cualificación numérica a puntuación máis baixa que obtivese entre o conxunto de probas de avaliación realizadas.
Para que un alumno figure na acta como "Non presentado" será preciso que a ningún profesor cónstelle unha soa nota súa correspondente ás probas de avaliación continua que se realizan nos diferentes Módulos. Nas convocatorias de xullo e febreiro o alumno suspenso deberá recuperar únicamente as actividades non superadas na convocatoria anterior. |