Guia docente 2018_19
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Bioloxía: Técnicas básicas de campo e teledetección
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral a valoración correspondente ás sesións maxistrais de Teledetección farase durante a proba realizada na aula 30 A2
A4
B4
C11
C15
C31
D5
D10
Seminario valórase a asistencia aos seminarios de Teledeteción conxuntamente coa asistencia ás prácticas de aula 2 A2
A4
B4
C11
C15
C31
D5
D10
Prácticas en aulas informáticas as aulas prácticas de informática en Teledetección avaliaranse mediante control na aula e un informe do traballo realizado, que será entregado ao profesor no final das mesmas. 8 A2
A4
B4
C11
C15
C31
D5
D10
Saídas de estudo valórase asistencia e participación nas aulas de TBC e nas prácticas de campo, xunto coa participación no curso virtual para aprendizaxe de "uso das fontes e citacións bibliográficas", organizado pola Biblioteca UVIGO. 10 A1
B2
B3
B4
B11
B12
C1
C3
C12
C31
D2
D6
D14
Prácticas de laboratorio avaliaranse xunto coas prácticas de campo, xa que son complementarias a éstas 0 A1
B2
B3
B4
B11
B12
C1
C3
C12
C31
D2
D6
D14
Informe de prácticas a memoria de prácticas de técnicas de campo (grupal = 30), o caderno de campo (individual = 5) e a exposición oral (individual = 15) 50 A1
A3
A4
B2
B3
B4
B7
B10
B11
B12
C1
C3
C11
C12
C31
D1
D6
D7
D8
D9
D10
D13
D14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os horarios da materia poden ser consultados na páxina web da Facultade:  http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/horarios

1. A avaliación é continuada ao longo do curso e valórase a asistencia e participación nas actividades. Por conseguinte, só figura como Non Presentado en Acta aquel alumno/a que, ademais de non realizar as probas de avaliación, nunca asistiu ás clases teóricas, nen os seminarios, nen as prácticas.

2. TELEDETECCIÓN: a) TEORÍA: a proba teórica realízase en abril (ver horarios). b) PRÁCTICA: para poder superar a materia en xuño é obrigatorio asistir ás prácticas e presentar a conseguinte memoria cos resultados (no caso de non o facer, o alumno deberá realizar unha proba práctica en xullo. A nota final conséguese sumando 30% da teoría, 8% das prácticas e 2% asistencia a seminarios e prácticas de aula. Esta parte da materia é eliminatoria, durante o mesmo ano académico, cando se alcanza o 50% do valor da mesma.

3. TÉCNICAS DE CAMPO: sen asistencia e participación ás prácticas (polo menos no 90%) o alumno non poderá superar esta parte da materia neste curso académico. A avaliación correspondente a Técnicas Básicas de Campo faise con base á asistencia e participación nas clases teóricas, seminarios e prácticas e no curso online, con aproveitamento positivo, realizado pola Biblioteca (10%), a presentación individual do Caderno de Campo (5%), a un informe escrito das prácticas, realizado en grupos de 4-5 alumnos, seguindo as normas presentadas en TEMA (30%), e á defensa oral e pública dunha das prácticas, seleccionada ao azar (normas detalladas na plataforma TEMA) (15%). Esta parte da materia é eliminatoria cando se alcanza o 50% do valor do informe escrito.

4. A cualificación final en primeira opción, no caso de que a nota de Teledetección ou Técnicas Básicas de Campo (TBC) non alcancen por separado o 50% do total de cada unha, obterase da suma de ambas, multiplicado por 0,5.

5. Se un alumno copia na proba teórica e/ou nos informes suspenderá automáticamente esa proba nesa convocatoria.

6. A parte aprobada, Teledetección e/ou Técnicas Básicas de Campo, poderá conservarse ata 4 cursos académicos, pero sempre que o/a alumno/a suspenso/a se matricule da materia figurará esta nota en Acta (aínda que non se presente á parte non superada); é dicir, unha persoa que tivo nota nalgún momento non poderá figurar como Non Presentado en actas posteriores, excepto que renuncie á nota obtida anteriormente y decida repetir a materia completa, o que deberá indicar por escrito á coordinadora da materia. Para conservar esta nota é necesario que o/a alumno/a se matricule da materia ao ano seguinte. Se deixa de matricularse un ano, a materia debe ser cursada de novo.

7. As probas finais terán lugar: teórica de Teledetección en Abril  e a defensa do informe de Técnicas Básicas de Campo en Maio (ver http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/exames). A recuperación (ambas) será  en Xullo. O/a alumno/a só deberá presentarse á parte suspensa, indicada no momento da publicación das notas finais da primeira convocatoria. A convocatoria extraordinaria de Fin de Grao será en Outubro (ver datas exames).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000