Guia docente 2015_16
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Bioloxía: Técnicas básicas de campo e teledetección
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral a valoración correspondente ás sesións maxistrais de Teledetección farase durante a proba realizada na aula 30 A2
A4
B4
C11
C15
C31
D5
D10
Seminarios asistencia aos seminarios de Teledeteción conxuntamente coa asistencias ás prácticas de aula 2 A2
A4
B4
C11
C15
C31
D5
D10
Prácticas en aulas de informática as aulas prácticas de informática en Teledetección avaliaranse mediante control na aula e un informe das mesmas que será entregado ao profesor no final das prácticas 8 A2
A4
B4
C11
C15
C31
D5
D10
Saídas de estudo/prácticas de campo valórase asistencia e participación nas aulas de TBC e nas prácticas de campo, xunto coa participación no curso virtual para aprendizaxe de "uso das fontes e citacións bibliográficas", organizado pola Biblioteca UVIGO. 10 A1
B2
B3
B4
B11
B12
C1
C3
C12
C31
D2
D6
D14
Prácticas de laboratorio avaliaranse xunto coas prácticas de campo, xa que son complementarias a éstas 0 A1
B2
B3
B4
B11
B12
C1
C3
C12
C31
D2
D6
D14
Informes/memorias de prácticas a memoria de prácticas de técnicas de campo (grupal), o caderno de campo (individual) e a exposición oral (individual) 50 A1
A3
A4
B2
B3
B4
B7
B10
B11
B12
C1
C3
C11
C12
C31
D1
D6
D7
D8
D9
D10
D13
D14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os horarios da materia poden ser consultados na páxina web da Facultade: www.facultadbiologiavigo.es

1. A avaliación é continuada ao longo do curso e valórase a asistencia e participación nas actividades. Por conseguinte, só figura como Non Presentado en Actas aquel alumno que nunca asistiu ás clases teóricas, aos seminarios e ás prácticas.

2. TELEDETECCIÓN: a) TEORÍA: A proba teórica dista parte realizase en abril (ver horarios). B) PRÁCTICA: Para poder superar a materia é necesario asistir ás prácticas e presentar a conseguinte memoria (no caso de non o facer, o alumno deberá realizar unha proba práctica). A nota final conséguese sumando 30% da teoría, 8% das prácticas e 2% asistencia a seminarios e prácticas de aula. Esta parte da materia é eliminatorias cando se alcanza o 50% do valor da mesma.

3. TÉCNICAS DE CAMPO: Sen asistencia e participación ás prácticas (polo menos no 90%) o alumno non poderá superar esta parte da materia. A avaliación correspondente a Técnicas Básicas de Campo faise con base á asistencia e participación ás clases teóricas, seminarios e prácticas e ao curso online realizado pola Biblioteca (10%), á presentación individual do Caderno de Campo (10%), a un informe escrito das prácticas, realizado en grupos de 4-5 alumnos seguindo as normas presentadas en TEMA (20%), e á defensa oral e pública dunha das prácticas, seleccionada ao azar (normas detalladas na plataforma TEMA) (20%). Esta parte da materia é eliminatorias cando se alcanza o 50% do valor da mesma.

4. A cualificación final en primeira opción, no caso de que a nota de Teledetección ou Técnicas Básicas de Campo (TBC) non alcancen por separado o 50% do total de cada unha, obterase da suma de ambas, multiplicado por 0,5.

5. Se un alumno copia na proba teórica e/ou nos informes suspenderá toda a materia nesa convocatoria.

6. A parte aprobada, Teledetección e/ou Técnicas Básicas de Campo, poderá conservarse ata 4 cursos académicos, pero sempre que o alumno suspenso se matricule da materia figurará esta nota en Acta (aínda que non se presente á parte non superada); é dicir, unha persoa que tivo nota nalgún momento non poderá figurar como Non Presentado en actas posteriores, excepto que renuncie á nota obtida anteriormente y decida repetir a materia completa, o que deberá indicar por escrito á coordinadora da materia.

7. As probas finais terán lugar: teórica de Teledetección o 21 de Abril (15:00 h) e defensa do informe de Técnicas Básicas de Campo o 30 de Maio (9:00h). A recuperación (ambas) será no día 13 de Xullo, ás 9:00 h (comprobar posibles modificacións de data na web da Facultade de Bioloxía). O alumno só deberá presentarse á parte suspensa, indicada no momento da publicación das notas finais na primeira convocatoria. A convocatoria extraordinaria de Fin de Grao será o 21 de Outubro de 2015, ás 9:00 h).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000