Guia docente 2014_15
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Bioloxía: Técnicas básicas de campo e teledetección
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral a valoración correspondente ás sesións maxistrais de Teledetección farase durante a proba realizada na aula, na metade do cuadrimestre e as de Técnicas Básicas de Campo durante a valoración do informe 0
Seminarios a súa avaliación intégrase nas probas dos coñecementos teórico-prácticos da materia 0
Prácticas en aulas de informática as prácticas de informática en Teledetección avaliaranse xunto coa asistencia e participación nas mesmas. A proba poderá ser oral, durante a práctica, ou escrita, a criterio do profesor. 8
Saídas de estudo/prácticas de campo valórase asistencia e participación nas aulas de TBC e nas prácticas de campo, xunto coa participación no curso virtual para aprendizaxe do uso das fontes e citacións bibliográficas, organizado pola Biblioteca UVIGO. 10
Prácticas de laboratorio avaliaranse xunto coas prácticas de campo, xa que son complementarias a éstas 0
Probas de resposta curta proba final de perguntas cortas realizada na aula a mediados do cuadrimestre 32
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. debe presentarse por escrito, e defendelo oralmente, un informe das prácticas de campo/laboratorio segundo normas indicadas na plataforma TEMA 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. A avaliación é continuada ao longo do curso e valórase a asistencia e participación nas actividades. Por conseguinte, só figura como Non Presentado en Actas aquel alumno que nunca asistiu ás clases teóricas, aos seminarios e ás prácticas.

2. Sen asistencia e participación ás prácticas e a presentación da memoria o alumno non poderá superar esta parte da materia. A proba teórica da parte correspondente a Teledetección realízase o 30 de abril, data aprobada por Xunta de Facultade, que figura nos horarios oficiais. A esta nota súmase a correspondente ás prácticas de Teledetección e seminarios. A nota final é eliminatoria desta parte cando se alcanza o 45% da mesma.

3. Sen asistencia e participación ás prácticas  o alumno non poderá superar esta parte da materia. A proba correspondente a Técnicas Básicas de Campo consiste na presentación do Caderno de Campo e dun Informe das prácticas, realizado en grupos de 4-5 alumnos, xunto coa defensa oral e pública dunha das prácticas, seleccionada ao azar (normas detalladas na plataforma TEMA). Estas probas son eliminatorias cando se alcanza o 45% da nota total.

4. A cualificación final en primeira opción, no caso de que a nota de Teledetección e Técnicas Básicas de Campo (TBC) non alcancen por separado o 45% do valor total de cada nota, obterase da suma de ambas multiplicado por 0,5.

5. A parte aprobada, Teledetección e/ou Técnicas Básicas de Campo, consérvase durante 4 cursos académicos; pero sempre que o alumno suspenso se matricule da materia figurará esta nota en Acta, aínda que non se presente á parte non superada. E dicir, una persoa que tivo nota nalgún momento non poderá figurar como Non Presentado en actas posteriores, excepto que renuncie á nota obtida anteriormente y decida repetir a parte superada.

6. As probas finais serán Teledetección o 30 de Abril e a defensa do informe de Técnicas Básicas de Campo o 3 de Xuño. A recuperación (ambas partes) será no día 30 de Xuño.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000