Guia docente 2011_12
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Bioloxía: Técnicas básicas de campo e teledetección
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Avalíase a participación do alumno e a comprensión de conceptos teóricos de Teledetección, Biodiversidade e Mostraxe bilóxico. 5
Prácticas autónomas a través de TIC Avalíase a participación do alumnado e a capacidade de comprensión e aplicación dos conceptos teóricos de Teledetección. 5
Saídas de estudo/prácticas de campo Avalíase a participación do alumno e a capacidade de desenvolver en grupo un traballo no campo. 10
Outras Proba teórica que permite valorar a asimilación de conceptos sobre Teledetección. 40
Cartafol/dossier Avalíase a capacidade do alumno para tomar datos no campo, interpretalos e redactar un informe rekacionado coa aprendizaxe de técnicas biolóxicas de campo. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. A avaliación é continuada ao longo de todo o desenvolvemento da materia (50%, Teledetección e 50%, Técnicas Básicas de Campo): valórase tamén asistencia e participación nas actividades. Por conseguinte só figurará como Non Presentado en Actas aquel alumno que nunca asistiu ás clases teóricas, aos seminarios, ás titorías e/ou ás prácticas.

2. Para aprobar a materia é necesario alcanzar un mínimo do 50% da Proba Teórica de Teledetección e 50% do Informe de Prácticas de Campo, por separado. No caso de non alcanzarse, a suma aritmética das notas mulitiplícase por 0,5.


3. A inaxistencia non xustificada ao 20% dos seminarios e/ou das prácticas de informática inhabilita para presentarse á proba teórica de Teledetección (outras) e a inaxistencia non xustificada ao 20% das prácticas de campo e laboratorio inhabilita para entregar o Informe de Prácticas de Campo (cartafol/dossier). A xustificación das faltas debe sr comunicada por escrito á coordinadora da materia, e ser aceptada por ela.


4. A asistencia ás prácticas e aos seminarios é obrigatoria para poder presentarse á proba teórica de Teledetección e o informe de Técnicas Básicas de Campo, en calquera das dúas convocatorias: abril/xuño ou xullo. As situacións particulares que impidan ou dficulten a asistencia ás actividades, por exemplo ter un contrato de traballo, enfermidade, etc. deben ser comunicadas á coordinadora da materia nos 15 días inmediatos á aparición do problema, co fin de intentar buscar unha solución.


5. Para as seguintes convocatorias consérvase a parte aprobada e as prácticas realizadas, a excepción dos alumnos a que se refiren os puntos 3 e 4.


RIBUNAL 5ª, 6ª E 7ª CONVOCATORIAS:


Presidenta: M.Luisa Castro Cerceda - Presidenta suplente: Mª Fuencisla Mariño Callejo


Secretaria: Castor Muñoz Sobrino- Secretario suplente: Josefa García Sánchez


Vogal: Jesús Torres Palenzuela - Vogal suplente: Josefa Garrido González

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000