Guia docente 2013_14
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Bioloxía: Solo, medio acuático e clima
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Proba escrita (preguntas tipo test e/ou preguntas curtas) sobre os contidos fundamentais da materia 70
Prácticas de laboratorio Avaliación do informe/memoria das prácticas realizadas. Valorarase a estrutura do traballo, contido, resultados obtidos, análise dos datos e interpretación de resultados.
20
Seminarios Avaliarase a participación activa e os informes presentados 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os contidos da materia abarcan aspectos básicos sobre tres elementos do medio físico e a súa relación coa Bioloxía: Solo, Medio Acuático e Clima. A ponderación de cada un deles na avaliación da materia é a seguinte: Solo (60%), Medio Acuático (20%), Clima (20%).


Cada unha das actividades valorarase nunha escala do 1 ao 10 que logo será ponderada para obter a puntuación final.


Realizarase unha proba parcial a metade de curso (en data aprobada pola Xunta de Facultade e que figura no horario oficial) sobre os contidos do temario teórico das partes de Solo e Clima. Esta proba é eliminatoria se se alcanza como mínimo o 40% da cualificación asignada a cada unha das partes.


A asistencia ás prácticas de laboratorio e aos seminarios é obrigatoria para poder aprobar a materia.


As cualificacións obtidas nas prácticas e nos seminarios manteranse na convocatoria extraordinaria, na cal unicamente se realizará o exame escrito, na data establecida polo Centro. Os criterios de valoración serán os mesmos que para a primeira convocatoria.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000