Guia docente 2014_15
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Xeoloxía: Xeoloxía
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Proba escrita de carácter teórico-práctico sobre os contidos fundamentais da materia. 20
Seminarios Avalíase o informe escrito sobre un tema relacionado coa materia elixida polo alumno. Valóranse o contido, a inclusión de documentación adicional, a presentación, os gráficos, esquemas, fotografías, etc. 20
Prácticas de laboratorio Proba escrita de carácter teórico-práctico sobre os contidos fundamentais da materia. 20
Informes/memorias de prácticas Avalíase o informe escrito sobre as actividades levadas a cabo nas prácticas de campo. Valóranse o contido, a inclusión de documentación adicional, a presentación, os gráficos, esquemas, fotografías, etc 15
Resolución de problemas e/ou exercicios Pruebas parciales que consisten en rellenar dos cuestionarios con preguntas y ejercicios sobre contenidos teóricos y prácticos. 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Recórdase que a asistencia ás actividades presenciais é obrigatoria. Faltar ao 15% das actividades presenciais sen causa xustificada implica a non superación da materia, independentemente das cualificacións obtidas nas probas de avaliación. A nota final dos estudantes que falten a máis do 15% das actividades presenciais será o resultado de multiplicar por 0.5 a nota final obtida.
Para superar a materia será necesario alcanzar en cada un dos ítemes avaliables unha puntuación polo menos igual ao 40% da valoración de cada ítem. En caso de non alcanzar o devandito 40% nalgún dos ítemes avaliables, a nota final será igual á media ponderada final, multiplicada por 0.5. Para que un estudante sexa considerado Non Presentado" non ten que ter sido avaliado en ningún ítem.
Copiar nas probas escritas ou nos informes supón a obtención de cero puntos na proba en que se copiase. Os informes de campo con partes idénticas ou moi semellantes tamén serán avaliados con cero puntos.
Non haberá posibilidade de repetir nin o traballo de grupo nin o informe de campo, polo que en caso de non alcanzar a cualificación requirida, o estudante terá que realizar unha proba escrita específica no exame de xullo.
Non se manteñen as notas do curso anterior aos alumnos que repitan a materia.
Data das probas teórico-prácticas: 9 de octubro de 2014 (fin de carreira); 9 de xaneiro de 2015; 3 de xullo de 2015.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000