Guia docente 2016_17
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Xeoloxía: Xeoloxía
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Saídas de estudo/prácticas de campo Instrucións in situ para o manexo do compás xeolóxico, criterios para o recoñecemento de rochas, identificación de ambientes sedimentarios en medios actuais.
Prácticas de laboratorio Explicación e asesoramento para a resolución de exercicios sinxelos de cartografía xeolóxica en grupos pequenos.
Seminarios Indicacións detalladas de como presentar un informe. Consulta de bases de datos especializadas. Asesoramento sobre a elección dun tema para desenvolver no informe. Resolución de dúbidas mediante tutorías individualizadas.
Probas Descrición
Informes/memorias de prácticas Indicacións detalladas sobre o contido e como presentar un informe. Presentación de datos mediante táboas e figuras. Procura de información na rede. Resolución de dúbidas mediante tutorías individualizadas.
Resolución de problemas e/ou exercicios Explicación e asesoramento para a resolución de exercicios sinxelos de cartografía básica e xeolóxica en grupos pequenos. Exercicios adicionais voluntarios na plataforma TEMA. Resolución de dúbidas mediante tutorías individualizadas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000