Guia docente 2009_10
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Xeoloxía. Xeoloxía
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2009_10
Materia Xeoloxía. Xeoloxía Código V02G030V01105
Titulación
Grao en Bioloxía
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1c
Lingua de impartición
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Xeociencias mariñas e ordenación do territorio
Coordinador/a
Frances Pedraz, Guillermo
Correo-e gfrances@uvigo.es
Profesorado
Álvarez Iglesias, Paula
Diez Ferrer, Jose Bienvenido
Frances Pedraz, Guillermo
Mendez Martinez, Gonzalo
Perez Arlucea, Marta Maria
Rubio Armesto, Maria Belen
Web
Descrición xeral Nesta materia analízase o funcionamento básico do medio físico no que se asenta e se desenvolve a biosfera actual. Para iso, estúdianse os medios sedimentarios (continentais, costeiros e mariños) desde un punto de vista actualista que permita sentar as bases para a comprensión da interacción dos seres vivos co medio no que habitan. Desde este punto de vista, a materia aporta un coñecemento básico e complementario aos conceptos que se desenvolven noutras materias do plan de estudos, sobre todo aquelas relacionadas coa Zooloxía, a Botánica e a Ecoloxía.
Así mesmo, a introdución da dimensión temporal permite formular as cuestións básicas sobre a orixe e evolución do Sistema Terrestre en xeral, e da biosfera en particular, aspectos que favorecerán a comprensión dos conceptos relacionados coa biodiversidade e a evolución orgánica, así como coa organización e evolución das poblacións e dos ecosistemas.
Os profesionais da Bioloxía, como doutras ciencias, a miúdo realizan o seu traballo en equipos pluridisciplinares, polo que o biólogo deberá coñecer a terminoloxía e os conceptos básicos da Xeología que sexan aplicables a diferentes competencias profesionais destes graduados. Máis concretamente, o profesional que realice as súas funcións no ámbito ambiental, os profesionais agropecuarios, ou os dedicados á información, documentación e divulgación deberán manexar conceptos xeolóxicos que lles permitan intercambiar información con outros profesionais, comprender os procesos biolóxicos desde un punto de vista global e tomar decisións máis acertadas.
Unha repercusión particular da Xeoloxía no perfil profesional do biólogo atinxe á docencia nas ensinanzas de grao medio. Tal e como se estruturaron nos últimos anos estas ensinanzas, as probas de acceso e os contidos que deberán desenvolver tales docentes inclúen unha boa parte de aspectos relacionados coa Xeoloxía.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000