Guia docente 2015_16
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Matemáticas: Matemáticas aplicadas á bioloxía
   Recomendacións


 
Outros comentarios
En principio, os coñecementos matemáticos adquiridos polo alumno no bacharelato deberían constituír unha base suficiente para cursar a materia. En particular, os aspectos seguintes: manexo de expresións algebraicas sinxelas, resolución de sistemas de ecuacións sinxelos, propiedades básicas e representación das funcións elementais, cálculo práctico de derivadas e primitivas sinxelas. Convén que o alumno, que presente carencias nalgún destes aspectos, preocúpese por cubrir as mesmas, especialmente se non cursou matemáticas no último curso de bacharelato. É aconsellable que os alumnos aborden as dificultades da materia desde o principio, polo que se fomentará a participación activa no desenvolvemento das clases e recomendarase especialmente utilizar as tutorías para expor dúbidas e dificultades a modo individual. HORARIO DE TUTORIAS: Luns de 15h. a 16h. e mércores de 10h. a 12h. no Despacho 117 da F. CC. EE. Luns, martes de 10h. a 11h. e venres de 11h. a 12h. no Despacho 29 de C. Experimentais Os alumnos deben entregar ficha antes do 2 de Outubro de 2015. Para presentarse ás probas prácticas é obrigratorio ter entregado ficha.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000