Guia docente 2010_11
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Matemáticas: Matemáticas aplicadas á bioloxía
   Recomendacións


 
Outros comentarios
En principio, os coñecementos matemáticos adquiridos polo alumno no bacharelato deberían constituír unha base suficiente para cursar a materia. En particular, os aspectos seguintes: manexo de expresións alxébricas sinxelas, resolución de sistemas de ecuacións sinxelos, propiedades básicas e representación das funcións elementais, cálculo práctico de derivadas e primitivas sinxelas. Non obstante, na práctica, moitos alumnos adoitan demostrar carencias, sobre todo, no referente á realización de operacións alxébricas sinxelas con expresións matemáticas, o coñecemento das funcións elementais e a comprensión de conceptos. Convén, polo tanto, que o alumno, especialmente se non cursou matemáticas no último curso de bacharelato, se preocupe por cubrir estas carencias. É aconsellable que os alumnos aborden as dificultades da materia dende o principio, polo que se fomentará a participación activa no desenvolvemento das clases e recomendarase especialmente utilizar as titorías para formular dúbidas e dificultades a modo individual. O horario e lugar no que se realizarán estas titorías serán publicados na plataforma TEMA.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000