Guia docente 2009_10
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Matemáticas. Matemáticas aplicadas á bioloxía
   Recomendacións


 
Outros comentarios
En principio, os coñecementos matemáticos adquiridos polo alumno no bacharelato deberían constituír unha base suficiente para cursar a materia. En particular, os aspectos seguintes: manexo de expresións alxebraicas sinxelas, resolución de sistemas de ecuacións sinxelos, propiedades básicas e representación das funcións elementais, cálculo práctico de derivadas e primitivas sinxelas. Porén, na práctica, moitos alumnos adoitan demostrar carencias, sobre todo, no referente á realización de operacións alxebraicas sinxelas con expresións matemáticas, o coñecemento das funcións elementais e a comprensión de conceptos. Convén, polo tanto, que o alumno, especialmente se non cursou matemáticas no último ano do bacharelato, se preocupe por cubrir estas carencias. É imprescindible o bo uso do signo das catro operacións elementais (suma, resta, produto e división) e do signo igual.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000