Resolución de problemas e/ou exercicios |
Avaliarase a asistencia (máximo 0.5 puntos) e a participación (máximo 1.5 puntos) nas prácticas de encerado. (máximo 2 puntos) |
20 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B1 B2 B3 B7 B10 B11 B12
|
C11 C13 C15 C18 C20 C24 C25 C32 C33
|
D1 D2 D3 D6 D7 D8 D10 D12 D14 D15 D16 D17 D18
|
Prácticas en aulas de informática |
Avaliarase a asistencia e o traballo na aula de informática. (máximo 1 punto) |
10 |
A1 A3 A5
|
B1 B3 B4
|
C11 C13 C15 C18 C20 C24 C25 C32 C33
|
D1 D5 D6 D7 D15 D16 D17
|
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Realizaranse tres probas escritas, nas que o alumno poderá utilizar todo o material non electrónico que considere necesario.
Cada unha das tres probas puntuarase sobre 10. A nota final desta parte será a media das notas obtidas nas probas dividida por 5 (máximo 2 puntos). O alumno que non se presente a unha das probas terá un cero na devandita proba.
A PRIMEIRA PROBA realizarase o 14 de Outubro de 2016 e consistirá de cuestións e exercicios relativos ao tema 1.
A SEGUNDA PROBA realizarase o 15 de Novembro de 2016 e consistirá de varios exercicios relativos ao tema 2 ata a regra da cadea.
A TERCEIRA PROBA realizarase o 5 de Decembro de 2016 e consistirá de cuestións e exercicios relativos aos temas 2 e 3.
A data de cada unha das probas e a materia que entra nas mesmas pode variar para adaptarse á marcha do curso. Neste caso, os cambios serán publicados na plataforma TEMA con suficiente antelación.
As preguntas tipo test serán de resposta única e con catro posibles opcións. Sobre o número total de preguntas da parte tipo test, cada resposta correcta suma 1 punto e cada resposta incorrecta resta un terzo. As preguntas en branco non suman nin restan. |
20 |
A1 A2 A3 A5
|
B2 B3 B10
|
C11 C13 C15 C18 C20 C24 C25 C32 C33
|
D1 D2 D3 D6 D7 D8 D10 D16 D17
|
Outras |
O 19 de Xaneiro de 2017 realizarase un EXAME, que constará de preguntas curtas tipo test e exercicios a desenvolver relativos a toda a materia vista en clase. (máximo 5 puntos)
As preguntas tipo test, ao igual que nas probas prácticas, serán de resposta única e con catro posibles opcións. Sobre o número total de preguntas da parte tipo test, cada resposta correcta suma 1 punto e cada resposta incorrecta resta un terzo. As preguntas en branco non suman nin restan.
O lugar do exame publicarase na páxina web da facultade. |
50 |
A1 A2 A3 A5
|
B2 B3 B10
|
C11 C13 C15 C18 C20 C24 C25 C32 C33
|
D1 D2 D3 D6 D7 D8 D10 D16
|
Unha mala nota nas probas prácticas pode recuperarse co traballo e a participación nas prácticas de encerado. Para os alumnos que ao finalizar o curso atópense nalgún dos seguintes casos: 1. Asistiu a dez ou máis prácticas (sumando as prácticas de encerado e ordenador), 2. Se presento a máis dunha proba práctica, 3. Se presento ao exame final, a nota final da materia será a suma de todas as notas obtidas nos apartados anteriores. O alumno que non se atope nalgún dos casos anteriores, recibirá a cualificación de non presentado. Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades do curso. A nota obtida na parte práctica da materia mantense para todas as oportunidades do curso. O exame da 2ª oportunidade realizarase o 3 de Xullo de 2017. |