Guia docente 2012_13
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Matemáticas: Matemáticas aplicadas á bioloxía
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliarase a asistencia (máximo 0.75 puntos) e a participación (máximo 1.25 puntos) nas prácticas de encerado. 20
Prácticas de laboratorio Avaliarase a asistencia e o traballo na aula de informática. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse tres probas escritas, nas que o alumno poderá utilizar todo o material que considere necesario. Cada unha das tres probas puntuarase sobre 10. A nota final desta parte será a media das notas obtidas nas probas dividida por 5.

A primeira proba realizarase o 8 de Outubro de 2012 e consistirá de cuestións e exercicios relativos ao tema 1.

A segunda proba realizarase o 12 de Novembro de 2012 e consistirá de varios exercicios relativos ao tema 2 ata a regra da cadea.

A terceira proba realizarase o 3 de Decembro de 2012 e consistirá de cuestións e exercicios relativos aos temas 2 e 3.

A data de cada unha das probas e a materia que entra nestas pode variar para adaptarse á marcha do curso. Neste caso, os cambios serán publicados na plataforma TEMA con suficiente antelación.
20
Outras Ao final do semestre realizarase un EXAME, que constará de preguntas curtas tipo test e exercicios a desenvolver relativos a toda a materia vista en clase.

As preguntas tipo test serán de resposta única e con catro posibles opcións. Sobre o número total de preguntas da parte tipo test, cada resposta correcta suma 1 punto e cada resposta incorrecta resta un terzo. As preguntas en branco non suman nin restan.
50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Unha mala nota nas probas prácticas pode recuperarse co traballo e a participación nas prácticas de encerado.



Para os alumnos que ao finalizar o curso se encontren nalgún dos seguintes casos:
1. Asistiu a dez ou máis prácticas,
2. Se presento a máis dunha proba práctica,
3. Se presento ao exame final,
a nota final da materia será a suma de todas as notas obtidas nos apartados anteriores.
O alumno que non se encontre nalgún dos casos anteriores, recibirá a cualificación de non presentado.




Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades do curso. A nota obtida na parte práctica da materia mantense para todas as oportunidades do curso.



 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000