Guia docente 2010_11
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Matemáticas: Matemáticas aplicadas á bioloxía
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliarase a asistencia (máximo 1 punto) e a participación (máximo 1 punto) nas prácticas de encerado. 20%
Prácticas de laboratorio Avaliará a asistencia e o traballo na aula de informática. 10%
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse tres probas escritas, nas que o alumno poderá utilizar todo o material que considere necesario. Cada unha das tres probas puntuarase sobre 10. A nota final desta parte será a media das notas obtidas nas probas dividida por 5.

A primeira proba realizarase a mediados de Outubro e consistirá de cuestións e exercicios relativos ao tema 1.

A segunda proba realizarase a mediados de Novembro e consistirá de varios exercicios relativos ao tema 2 ata a regra da cadea.

A terceira proba realizarase a mediados de Decembro e consistirá de cuestións e exercicios relativos aos temas 2 e 3.

A data de cada unha das probas e a materia que entra nesta serán publicadas na plataforma TEMA con suficiente antelación.
20
Outras Ao final do semestre realizarase un EXAME, que constará de dúas partes con preguntas teóricas e prácticas, sendo a primeira delas tipo test, e que representará aproximadamente o 60% da nota do exame.

As preguntas da parte tipo test serán de resposta única e con catro posibles opcións. Sobre o número total de preguntas desta parte, cada resposta correcta suma 1 punto e cada resposta incorrecta resta un terzo. As preguntas en branco non suman nin restan.
50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Unha mala nota nas probas prácticas pode recuperarse co traballo e a participación nas prácticas de encerado.



Para os alumnos que ao finalizar o curso se encontren nalgún dos seguintes casos:
1. Asistiu a dez ou máis prácticas,
2. Se presento a máis dunha proba práctica,
3. Se presento ao exame final,
a nota final da materia será a suma de todas as notas obtidas nos apartados anteriores.
O alumno que non se encontre nalgún dos casos anteriores, recibirá a cualificación de non presentado.




Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades do curso. A nota obtida na parte práctica da materia mantense para todas as oportunidades do curso.


En caso de suspenso ou non presentado, non se mantén a nota para cursos posteriores, polo que o alumno debe repetir todas as actividades.


 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000