Guia docente 2009_10
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Matemáticas. Matemáticas aplicadas á bioloxía
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Avaliará a asistencia e o traballo na aula de informática. 10%
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliarase a asistencia (máximo 1 punto) e a participación (máximo 1 punto) nas prácticas de encerado. 20%
Resolución de problemas e/ou exercicios As probas prácticas realizaranse nas seguintes datas e horarios:
Proba 1: 2 de novembro de 2009 de 12h. a 13h.
Proba 2: 30 de novembro de 2009 de 12h. a 13h.
Proba 3: 12 de xaneiro de 2010 de 13h. a 14h.

Cada unha das tres probas puntuarase sobre 10. A nota final desta parte será a media das notas obtidas nas probas dividida por 5.
20%
Outras EXAME FINAL: constará de dúas partes con preguntas teóricas e prácticas, sendo a primeira delas tipo test. Esta parte representará entre o 60% e o 70% da nota do exame.
As preguntas da parte tipo test serán de resposta única e con catro posibles opcións. Sobre o número total de preguntas desta parte, cada resposta correcta suma 1 punto e cada resposta incorrecta resta un terzo. As preguntas en branco non suman nin restan.
50%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Unha mala nota nas probas prácticas pode recuperarse co traballo e a participación nas prácticas de encerado.

A nota final da materia será a suma de todas as notas obtidas nos apartados anteriores.

Os criterios de avaliación son os mesmos para
todas as convocatorias do curso. A nota obtida na parte
práctica da materia mantense para todas as convocatorias do curso. En caso de suspenso ou non presentado, non se mantén a nota para anos posteriores, polo que o alumno debe repetir todas as
actividades.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000