Guia docente 2009_10
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Matemáticas. Matemáticas aplicadas á bioloxía
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas de laboratorio Tres sesións de dúas horas cada unha, nas que se fará unha pequena introdución ao programa informático Maxima. Empregarase este programa de software libre de cálculo simbólico para a resolución de problemas relacionados coa materia.
Resolución de problemas e/ou exercicios Poranse a disposición do alumno na plataforma TEMA, con suficiente antelación, apuntamentos relativos á parte teórica, cuestións e problemas de cada tema, para que os alumnos analicen e intenten resolver os problemas propostos con anterioridade á clase correspondente.
Nas prácticas de encerado realizaranse exercicios que lle permitirán ao alumno afianzar os conceptos teóricos, así como a súa aplicación, e resolveranse as dúbidas que poidan xurdir. A profesora poderá requirir a participación dos estudantes.
Sesión maxistral Desenvolveranse os contidos necesarios para a adecuada comprensión do programa, facendo fincapé nos aspectos que poidan resultar máis dificultosos.
Titoría en grupo Despois de cada proba de resolución de problemas, os alumnos deben pasar a comentar co profesor a proba práctica, onde explicarán as dificultades que atoparon. O profesor indicaralles os fallos cometidos e o que deben facer para solucionalos.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000