Guia docente 2012_13
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Matemáticas: Matemáticas aplicadas á bioloxía
   Contidos
Tema Subtema
TEMARIO DA MATERIA
1. O ESPAZO Rn:
O espazo vectorial Rn. Matrices e determinantes. Aplicacións lineais: matriz asociada. Produto escalar, norma e distancia. Formas cadráticas.
2. INTRODUCIÓN AO CÁLCULO DIFERENCIAL: Cuestións básicas de funcións reais. Derivación de funcións dunha variable. Derivadas direccionais e derivadas parciais. Diferencial dunha función: matriz jacobiana e vector gradiente. Regra da cadea. Derivación implícita. Plano tanxente. Derivadas sucesivas. Extremos dunha función escalar.
3. INTRODUCIÓN AO CÁLCULO INTEGRAL:
Cálculo da área dunha rexión plana limitada por curvas. Teoremas fundamentais do cálculo integral. Primitivas. Aplicacións.
TEMARIO DE LABORATORIO DE ORDENADOR
1. Toma de contacto co programa de cálculo simbólico MAXIMA. Álxebra lineal.
2. Representación gráfica de funcións e a súa interpretación. Cálculo de funcións dunha e varias variables.
3. Aplicacións do cálculo diferencial. Integración e as súas aplicacións.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000