Guia docente 2009_10
Facultad de Biología
Grao en Bioloxía
 Materias
  Matemáticas. Matemáticas aplicadas á bioloxía
   Contidos
Tema Subtema
TEMARIO DA MATERIA
1. O ESPAZO Rn:
O espazo vectorial Rn. Matrices e determinantes. Aplicacións lineais: matriz asociada. Produto escalar, norma e distancia. Formas cadráticas. Cuestións básicas de funcións reais.
2. INTRODUCIÓN AO CÁLCULO DIFERENCIAL:
Derivación de funcións dunha variable. Derivadas direccionais e derivadas parciais. Diferencial dunha función: matriz xacobiana e vector gradiente. Regra da cadea. Plano tanxente. Derivación implícita. Derivadas sucesivas. Extremos dunha función escalar.
3. INTRODUCIÓN AO CÁLCULO INTEGRAL:
Cálculo da área dunha rexión plana limitada por curvas. Teoremas fundamentais do cálculo integral. Primitivas. Aplicacións.
TEMARIO DE LABORATORIO DE ORDENADOR
1. Toma de contacto co programa de cálculo simbólico MAXIMA. Álxebra lineal.
2. Cálculo de funcións dunha e varias variables.
3. Representación gráfica de funcións e a súa interpretación. Integración.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000