Guia docente 2018_19
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Bioloxía: Evolución
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio En cada práctica o profesor responsable avaliará os coñecementos mediante informe escrito da práctica, mediante cuestionario tipo test, pregunta de desenvolvemento, ou calquera outra actividade desenvolvida na plataforma TEMA. 20 A1
A2
A3
A4
B4
B10
C1
C2
C10
D1
D2
D3
D5
D6
D9
Saídas de estudo Esta parte avaliarase como parte das prácticas de laboratorio. A avaliación será un test individual na plataforma TEMA. 5 A1
A2
A3
A4
B4
B10
C2
C10
C32
D1
D2
D3
D5
D6
D9
D10
D14
D16
Lección maxistral Realizaranse dous controis ao terminar as principais seccións teóricas. Primeiro despois de terminar as seccións I-V, e o segundo ao finalizar a materia. Avaliarase mediante un control escrito que poderá ser de tipo test, preguntas curtas ou preguntas longas e problemas a criterio do profesor responsable de cada sección. 30 A1
A2
A3
A4
B2
B3
B7
B11
B12
C2
C10
C28
C32
C33
D11
D12
D13
D16
Exame de preguntas obxectivas Ao final do curso realizarase un exame global que abarcará toda a materia vista no curso mediante calquera dos procedementos docentes empregados. O exame durará dúas horas como máximo e constará principalmente de preguntas tipo test. 45 A1
A2
A3
A4
B2
B3
C2
C10
C32
C33
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As regras de avaliación son as seguintes:

1. Para aprobala necesítase alcanzar un mínimo de 5 na cualificación global da materia.

2. Pero ademais tamén será OBRIGATORIO:

2.1) Lograr unha nota mínima de 5 na avaliación de polo menos 4 das 5 prácticas (a falta de asistencia en máis dunha práctica é suspenso)
2.2) Obter un mínimo de 3 na avaliación do exame final tipo test (en xaneiro e xullo) .

3. Manteranse as notas de todas actividades obtidas na convocatoria de febreiro para a convocatoria de Xullo, excepto a do exame final que se poderá repetir (sempre cun peso do 45%). Igualmente durante dous cursos, os alumnos repetidores poderán seguir usando as súas notas de controis e prácticas, pero con posterioridade deberán volver cursar todas as actividades de novo ou optar polo mecanismo descrito no punto 5.

4. Á hora de cubrir as notas (e só para aprobados), o alumno con mellor cualificación podería rescalar a súa nota ata o máximo posible ou próximo a el (ao criterio do coordinador da materia), e na mesma proporción subiríaselle a nota a todos os aprobados. Semellante corrección se hace por curso, e non se mantiene para repetidores, salvo a que previsiblemente lle corresponda no novo curso no que se presente.

5. Excepcionalmente, os alumnos que por causas razoadas/xustificadas non poidan optar polo proceso de avaliación anterior, podran solicitar por escrito ao coordinador unha soa avaliación global na convocatoria de Xullo. Nese caso un exame escrito avaliará todas as actividades realizadas no procedemento anterior (Controis, exame tipo test e proba escrita para cada práctica, coa correspondente ponderación). Esta opción non exime da obrigatoriedade de asistir a 4 das 5 prácticas.

Tribunais extraordinarios (Suplente)

Presidente: Emilio Rolán Alvarez (David Posada)

Vogal 1: Manuel Megías (Bienvenido Díez)

Vogal 2: Alberto Velando (Luís Navarro)

Os horarios de tutorías, a localización dos profesores e laboratorios docentes plásmase e actualiza convenientemente na plataforma TEMA todos os cursos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000