Nesta materia abórdase a tradución dos principais documentos de carácter económico e comercial que rexen e se xeran nas relacións comerciais entre sociedades situadas en Estados de fala alemá e sociedades situadas en Estados de fala galega/española. Estudaranse as características da linguaxe deste tipo de textos nas tres linguas, así como aspectos de estilística contrastiva dende o concepto de xénero textual.