Guia docente 2018_19
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución para a Comunicación Internacional
 Materias
  Tradución Especializada Económico-Comercial: Portugués-Galego-Portugués / Portugués-Español-Portugués
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Avaliación Inicial Fase 1
Simulación de comunicación comercial con cliente nativo do Brasil/Angola/Portugal (resposta a correo electrónico con solicitude de orzamento). Esta proba representa o 5% do total da nota final.

Avaliación Inicial Fase 2
Realización da tradución de tres fragmentos documentos económico-comerciais curtos, correspondentes a tres niveis de dificultade progresiva. Esta proba representa o 5% do total da nota final.

Avaliación intercalar 2
Resolución de exercicios de tradución específica contando co auxilio de todas as fontes de información e documentación coñecidas, tanto en soporte impreso como electrónico. Esta proba representa o 10% do total da nota final.
20 A7
B3
B4
B9
C5
D8
D9
Traballo Avaliación Final - Traballos e proxectos 1
Proxecto de Tradución - Planificación, elaboración, presentación e defensa dun proxecto de tradución de documentos de carácter xurídico-administrativo. Esta proba representa o 30% do total da nota final.

Avaliación Final 2 -Traballos e proxectos
Proxecto de Revisión - Revisión e corrección razoada dunha tradución de documentos de carácter xurídico-administrativo preparada ao efecto. Esta proba representa o 30% do total da nota final.
60 A6
A8
A9
A10
B5
B6
C2
C4
C8
D3
D4
D6
D9
Práctica de laboratorio Avaliación Inicial Fase 3
Realización de exercicios de escolla múltiple con ferramenta Google Forms ou similar, con tres niveis de dificultade progresiva, con escolla centrada en termos específicos da área económico-comercial e posterior discusión sobre as escollas e resultados dos eventuais erros ou equívocos. Esta proba representa o 10% do total da nota final.

Avaliación intercalar 1
Desenvolvemento de exercicios prácticos dirixidos á correcta aprendizaxe de técnicas e criterios axeitados para a tradución xurídica e administrativa, a través da realización de prácticas de execución de tarefas reais/simuladas, e acompañada da xustificación das escollas e decisións tomadas. Esta proba representa o 10% do total da nota final.
20 B1
B2
B7
C1
C6
C7
D1
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Convocatoria de xullo de 2019

A
proba de xullo terá tres partes:



1. Práctica: exercicio de tradución e posterior defensa.



 2. Exercicio de escolla múltipla orientado a verificar o coñecemento da
terminoloxía, en particular os falsos amigos e as zonas de «conflito» xurídico/económico.

 3. Revisión crítica dun texto traducido, con especial énfase en:

- identificar os criterios aplicados



- analizar a sua coherencia



- dificuldades e riscos das escollas realizadas



- proposta argumentada de corrección (se houber)



Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000