Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución para a Comunicación Internacional
 Materias
  Tradución Especializada Xurídico-Administrativa: Francés-Galego-Francés / Francés-Español-Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Debate Saber construír un discurso científico razoado e coherente con respecto aos temas propostos, empregando para iso os conceptos revisados e aplicados nas prácticas de campo. 25 A2
A4
B1
B3
B6
B8
C1
Eventos docentes y/o divulgativos Análise razoada e pormenorizada co fin de demostrar a adquisición de todos e cada un dos obxectivos expostos neste curso. 25 C2
C4
C6
C9
D3
D5
D8
Foros de discusión Saber construír un discurso razoado e coherente respecto dos temas propostos nos distintos artigos. 25 C3
C5
C8
D1
D4
D7
D9
Seminario Correcta aplicación de conceptos e metodoloxías nos casos prácticos propostos para traballar. 25 A1
A3
A5
B2
B5
B7
B9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O primeiro sistema de avaliación, de natureza continua, esixe unha asistencia continua ás sesións presenciais acordadas. Tal sistema de avaliación baséase na realización de actividades, unha proba presencial e dúas tarefas. Por unha banda, as actividades e a proba presencial representan o 60% da nota final. A devandita proba presencial, que se ha facer na penúltima sesión, consiste en exercicios de pretradución e/ou tradución sobre textos vistos nas sesións de traballo, sen posibilidade de utilizar por tal motivo material auxiliar. Por outra banda, as dúas tarefas proporcionan cada unha delas un 20% da nota final. O segundo sistema de avaliación, destinado ao alumnado que non asiste de xeito frecuente para a convocatoria de maio e tamén para a convocatoria de xullo, é unha proba única de pretradución e/ou tradución referida aos contidos do programa, con posibilidade de utilizar exclusivamente materiais lexicográficos en formato papel. A data da convocatoria establecerase ao longo do curso e avisarase por FAITIC. 

A copia ou plaxio nas tarefas e/ou na proba terá como consecuencia unha valoración final negativa.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000