Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución para a Comunicación Internacional
 Materias
  Economía Aplicada á Tradución
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2017_18
Materia Economía Aplicada á Tradución Código V01M128V01208
Titulación
Máster Universitario en Tradución para a Comunicación Internacional
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 1 2c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Inglés
Prerrequisitos
Coordinador/a
Carlos Villamarín, Pablo de
Correo-e pdecarlo@uvigo.es
Profesorado
Carlos Villamarín, Pablo de
Web http://paratraduccion.com/limiares/economia-aplicada/
Descrición xeral Como consecuencia da globalización, as empresas, actores principais da economía de mercado, compiten nun entorno cada vez máis dinámico e complexo que, entre outras cousas, as obriga a conferirlle unha dimensión internacional ás súas actividades. Neste escenario, a posibilidade de crecer e, mesmo, sobrevivir depende, en boa medida, da forma en que dirixen e xestionan as súas estratexias de internacionalización. O obxectivo principal desta materia é familiarizar os futuros profesionais da tradución e a interpretación xurada cos principais procesos e dinámicas que caracterizan os negocios internacionais. Para iso, comezarase facendo unha caracterización básica dos fluxos de actividade nunha economía de mercado, resaltando o papel que xoga a empresa nestes. A continuación, presentarase o entorno, tanto xeral coma específico, no que a empresa desenvolve as súas actividades. Por último, abordaranse aspectos básicos do proceso de internacionalización da empresa, centrando a atención, en particular, na empresa multinacional e a deslocalización das actividades empresariais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000