Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución para a Comunicación Internacional
 Materias
  Terminoloxía en Tradución
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral A sesión maxistral avaliarase por test ou por asistencia. Durante o curso as docentes irán comprobando a adquisición de coñecementos a través da fórmula dialóxica.
Se a situación o requirise afianzarán os coñecementos e comprobarán as competencias adquiridas a través de formularios tipo test
PARA OS NON ASISTENTES O TEST SERÁ OBRIGATORIO (20%)
20 B6
B8
C1
C3
D1
D3
D4
Traballo tutelado Cada estudante deberá presentar un traballo de investigación en que amose a adquisición de competencias. Trátase dun traballo individual, dirixido en aula e con apoio a través de FAITIC.
70 B4
B6
B8
C1
C2
C3
C9
D1
D3
Presentacións/exposicións Valorarase a claridade e precisión da presentación do traballo. Tamén será obxecto de atención a corrección e adecuación formal na exposición de contidos especializados. 10 C1
D1
Probas de tipo test PARA ALUMNADO NON ASISTENTE, A PROBA TIPO TEST SERÁ OBRIGATORIA (20%).
En caso de que sexa preciso realizar o test como apoio ás clases maxistrais, reservarase unha pequena porcentaxe da cualificación a esta proba.
5 D4
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Este curso está formulado para alumnado asistente ás aulas. A avaliación continua implica a asistencia regular a clase ou no seu defecto a titorías, a entrega dos traballos e exercicios que se requiran en proporción non inferior ao 80%. En segundas e posteriores convocatorias será cando menos obrigado a realización dun test (20%) e a presentación dun traballo de investigación  ESCRITO E DEFENSA ORAL (70%+ 10%)  orixinal seguindo as indicacións das docentes.
Será obxecto de sanción o alumnado que presente un traballo plaxiado total ou parcialmente.


O alumnado non asistente deberá realizar un test (20%) e un traballo de investigación orixinal seguindo as indicacións das docentes que terá que presentar por escrito e defender oralmente de xeito presencial ou, no seu defecto, por SKYPE (70%+10%). 
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000