Guia docente 2018_19
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Lingüística Aplicada
 Materias
  Mediación Lingüística
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral O docente explicará os contidos esenciais de cada un dos temas, aclarando a cuestións chave da materia e orientando os alumnos e as alumnas sobre os aspectos fundamentais e secundarios.
Resolución de problemas Os alumnos e as alumnas prepararán unha serie de exercicios breves previamente á súa revisión nas clases.
Estudo previo O alumnado deberá realizar una serie de lecturas específicas sobre a materia.
Traballo tutelado Parte 1: Deberanse realizar unha serie de actividades propostas para cada tema de aplicación dos contidos analizados.

Parte II:Deberase realizar un traballo monográfico sobre algún aspecto da segunda parte da materia. Neste traballo combinarase a fundamentación teórica coa aplicación a casos prácticos.
Debate O alumnado deberá preparar e participar en sesións de discusión dirixida sobre aspectos concretos da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000