Guia docente 2018_19
Facultad de Filología y Traducción
Máster Universitario en Lingüística Aplicada
 Materias
  Aspectos Socioculturais e Lingüísticos no Ensino de Segundas Linguas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Cada estudante elaborará un portafolio onde irá publicando, en forma de entradas, as súas notas de aula, con descricións e reflexións persoais sobre as aprendizaxes realizadas nas sesións presenciais. Os porfolios serán avaliados polo profesor a partir dunha grade de avaliación que será presentada no inicio do curso. 75
Presentación Por grupos, o alumnado presentará oralmente unha reseña dun artigo científico relacionado cos contidos da materia. O artigo será proposto polo profesor, que avaliará a presentación a partir unha grade de avaliación que será presentada no inicio do curso. 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Logros e traballos voluntarios en primeira convocatoria

O profesor poderá outorgar ao alumnado distincións cun determinado valor sobre a nota final. A lista de distincións, o seu valor na cualificación final e os criterios da súa concesión estarán detallados na páxina web da materia.

O profesor proporalle ao alumnado unha serie de tarefas que poderá realizar voluntariamente para ampliar as súas aprendizaxes e mellorar a cualificación dos proxectos. As instrucións e sistema de avaliación estarán detallados na páxina web da materia. As tarefas ou proxectos voluntarios farán media coas tarefas obrigatorias.

Alumnado con ausencia prolongada

O alumnado que xustificar unha ausencia superior ás tres semanas será avaliado na data oficial do exame e o 100% da súa nota final será a suma das obtidas nas catro probas propostas.

Alumnado con necesidades educativas especiais (NEE)

O alumnado que presentar necesidades educativas especiais por dificultades específicas de aprendizaxe poderá se obxecto dunha adaptación do sistema de avaliación. Esta adaptación, deseñada entre o profesor e o alumnado implicado, procurará garantir o recurso a todos os medios necesarios para que o alumnado con NEE poida demostrar a consecución dos obxectivos da materia.

Segunda convocatoria

Para a segunda convocatoria e na data oficial fixada polo centro, o alumnado deberá realizar unha proba de avaliación das competencias de comprensión oral e escrita (cada unha delas contará un máximo de 2 puntos), así como de expresión escrita. Nese día, o alumnado deberá realizar tamén outra proba de expresión oral. As probas de expresión avaliaranse, cada unha delas, de 0 a 3 puntos seguindo unha grella de avaliación cuxos criterios e baremo se fixarán na clase. A suma destas catro probas constituirá o 100% da nota final da materia. Para poder ser avaliado en segunda convocatoria, o alumnado deberá realizar estas catro probas na data estabelecida polo centro.

Linguas de traballo 

A lingua de traballo da materia será o francés. O profesor comunicarase co alumnado en todo
momento, tanto por oral como por escrito, en lingua francesa. O alumnado deberá empregar esta lingua de xeito obrigatorio nas actividades de aprendizaxe, tanto presenciais como en liña. Fóra das aulas e na comunicación presencial ou electrónica co profesor, o alumnado poderá empregar o galego ou o castelán. Porén, o esforzo por usar o
francés será tido en conta positivamente na avaliación final. Fica
prohibida a utilización do tradutor automático. O seu uso repetido nunha tarefa ou nun portfolio poderá supor a
invalidación dos mesmos.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000