Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Lingüística Aplicada
 Materias
  Lingüística Aplicada
   Contidos
Tema Subtema
1. Conceptos básicos e procedementos na lingüística aplicada.


1.1. A definición de Lingüística aplicada.

1.2. O binomio investigación básica - investigación aplicada. A superación desta dicotomía.

1.3. Evolución da Lingüística aplicada no contexto das diferentes teorías lingüísticas.

1.4. A lingüística aplicada e a investigación-acción.
2. Lingüística aplicada. Principais ramas.



2.1. Lingüística aplicada ó ensino de linguas: L-1, L-2 e plurilingüismo.

2.2. Política e planificación lingüística.

2.3. Patoloxías da linguaxe e Lingüística clínica.

2.4. Análise do discurso e Mediación comunicativa.
3. Didáctica e aprendizaxe de linguas nun contexto multicultural e multilingüe.




3.1. Unha novo paradigma no ensino das linguas. Os enfoques plurais.

3.1.1. O enfoque intercultural.

3.1.2. A intercomprensión entre linguas da mesma familia.

3.1.3. A didáctica integrada das linguas.

3.1.4. A concienciación lingüística

3.2. A competencia plurilingüe e a competencia pluricultural.

3.2.1. O contexto europeo.

3.2.2. Definición e características.

3.2.3. A competencia plurilingüe.

3.2.4. A competencia pluricultural.

3.3. Propostas didácticas
4. Aplicacións sociolingüísticas: política e planificación lingüística.


4.1. Definición de política e planificación lingüística.

4.2. Planificación do corpus: codificación (escritura, gramática e léxico) e elaboración funcional.

4.3. Planificación do status: selección da variedade estándar e a súa implementación.

4.4. Perspectiva crítica da planificación lingüística.

4.4.1. As ideoloxías lingüísticas. Definición.

4.4.2. As ideoloxías lingüísticas en comunidades monolingües e plurilingües.

4.4.2. Diferentes teorías no campo das ideoloxías lingüísticas: lingua e conflito, ecoloxía lingüística, a perspectiva socio-ecolóxica e comunicativa.

4.4.3. A planificación lingüística no contexto hispano-falante: o español e as linguas indíxenas amerindias, o castelán e as outras linguas españolas peninsulares: galego, catalán e eúscaro. O español en contacto co portugués e o inglés.
5. Aplicacións psicolingüísticas: patoloxías da linguaxe e adquisición da linguaxe.


5.1. Desterrando prexuízos desde a lingüística da fala.

5.2. Prisma pragmático e linguaxe disfuncional. Comunicación e efectividade.

5.3. Enfoque lingüístico: descrición e estimación de déficit verbais.

5.4. Perfil histórico da súa vinculación e estado actual do tema. Logopedia e Lingüística clínica.

5.5. As patoloxías da linguaxe.

5.5.1.Concepción das deficiencias comunicativas e modelos para afrontar o seu estudo.

5.5.2. Clasificación das patoloxías del linguaxe. Déficit lingüísticos en idade infantil.

5.6. Papel da Lingüística no enfoque e nos modos de abordar os trastornos de comunicación e o déficit lingüístico.

5.7. Os tests lingüísticos de avaliación. A avaliación del fala infantil.

5.8 O ámbito da Lingüística clínica.

6. Metodoloxía para a xestión de situacións comunicativas específicas.


6.1. O método etnográfico e a observación participante. A investigación-acción.

6.2. Teorías discursivas relevantes para a análise das situacións comunicativas: Análise da conversación, Antropoloxía lingüística, Microsocioloxía, Sociolingüística interaccional.

6.3. Análise do discurso desde unha perspectiva crítica.

6.4. As relacións da análise discursiva coa retórica e a tradición argumentativa. Un exercicio de interdisciplinariedade.
7. Interacción comunicativa: auditorias comunicativas e mediación intercultural 7.1. Auditoría aplicada ao desenvolvemento da competencia comunicativa do representante institucional na comunicación interna e externa.

7.2. O estudo do conflito comunicativo na relación profesional.

7.3. Conflito comunicativo e desigualdade social.

7.4. Os discursos corporativos.

7.5. Mediación comunicativa nas relacións interculturais. O malentendido comunicativo.

7.6. Auditoría comunicativa na gobernanza política: o ámbito institucional (saúde, educación e atención cidadá).

7.7. Auditoría comunicativa, e dereitos humanos e sociais. Lingüística forense.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000